Miércoles, 15 de Octubre de 2025

Xornal21
Lunes, 04 de Abril de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

Mos mellorará próximamente os parques do Plantel, Inxertado, Herville e Sanguiñeda

Unha transformación das áreas de lecer adaptada a tódolos públicos

[Img #23941]

 

Mos transformou as súas áreas de lecer á medida dos nenos e nenas, dos maiores, dos veciños e veciñas con mobilidade reducida, á medida das persoas. Dita transformación vense producindo dende que Nidia Arévalo é alcaldesa da localidade mosense e intensificouse durante o último ano, no inicio da que a é calificada pola rexedora municipal e o seu equipo de goberno como “a lexislatura das persoas”.


O deseño dos espazos públicos, sobre todo dos parques e xardíns, cobra unha importancia capital na xestión local en aras de mellorar a calidade de vida dos habitantes do Concello ofrecéndolles espazos de esparcemento e xogo accesibles e seguros.


Deste xeito cómpre destacar accións recentemente realizadas coma os Parques da Auga de Sanguiñeda e As Lagoas (Guizán), a pista de skate e elementos infantís de xogo no contorno do Muntiusos das Pozas (Petelos), a instalación de elementos biosaudables para adultos nos parques de Torroso e Costoias (Tameiga), ou a colocación dunha tirolina no Parque da Pesqueira (Mos), por poñer tan só algúns exemplos.


E a transformación continúa na actualidade, con novas actuacións que o Concello vai realizar de xeito inminente e nas que investirá un orzamento de fondos propios municipais de sobre 10.000 euros. Máis de 2.500 euros deste presuposto irán destinados á instalación no Parque de Sanguiñeda dun columpio dotado dun asento inclusivo, isto é, adaptado para nenos e nenas de 3 a 14 anos de idade que padezan algún tipo de discapacidade.


Trátase dunha estructura de elevado coste polas súas características técnicas e de montaxe, complexas e minuciosas para aportar tódolos requisitos de calidade, seguridade e confort necesarios para os cativos con necesidades especiais.


Os preto de 7.500 euros restantes irán destinados a mellorar os parques do Plantel en Guizán, Inxertado en Louredo e do Centro Cultural de Herville en Cela. En cada unha destas áreas de lecer ó aire libre instalaranse varios elementos biosaudables destinándose uns 2.500 euros a cada parque. Os elementos a instalar serán para realizar diferentes actividades físicas que emulen os deportes do esquí de fondo e do remo, e o xiro dun timón.


Recentemente visitaban o parque do Plantel en Guizán o concelleiro de Parques e Xardíns de Mos, Cándido Pérez, a edil mosense de Medio Ambiente, Julia Loureiro, e o arquitecto municipal; para valorar e decidir a zona idónea de instalación dos elementos biosaudables nesta área de lecer.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.