Miércoles, 17 de Diciembre de 2025

Xornal21
Lunes, 04 de Abril de 2016 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

Encontro cultural entre Salvaterra de Miño e a Cámara de Monçao

O Concello de Salvaterra de Miño e a Cámara de Monçao presentan para o próximo fin de semana unha actividade que se engloba dentro das actividades organizadas pola Eurocidade Salvaterra – Monçao

 

Este proxecto  pretende reforzar identidades e solidificar as relación culturais e, por extensión, da cidadanía entre a rexión galaico – portuguesa.


 
A temática pensada para este encontro estará vinculada á importancia da muller, ao seu destacado papel na literatura, na arte e na historia ao longo dos anos. Con tal motivo, este encontro cultural empezará coa inauguración dunha exposición de varias obras de pintura, escultura e fotografía, onde participan máis de 40 artistas, e que se inaugurará o próximo 8 de abril ás 18.00h no Castelo de Dona Urraca, situado no Recinto Amurallado de Salvaterra de Miño, que contará con un total de 22 obras pictóricas e 4 escultóricas, de artistas tanto galegos como portugueses. As obras estarán expostas en tres lugares, na Casa Museu de Monçao, na Adega da Quinta de Santiago e no Castelo de Dona Urraca.  Estas exposicións estarán abertas do 8 ao 28 de abril.


 
E o 9 de abril terá lugar o Coloquio “Expresións da Cidadanía no Feminino” no Auditorio da EPRAMI,  que estará composto por dúas mesas. Ás 10.30h abrirase cunha mesa dedicada a Interacción entre xéneros na literatura, na historia e na Arte, e ás 15.30h a segunda mesa versará  sobre unha cultura de igualdade.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.