Miércoles, 21 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 02 de Abril de 2016 Tiempo de lectura:
Ponteareas

O cantautor Emilio Rúa ofrece un concerto en Ponteareas dentro da programación do Ano Castelao

Será este domingo no Auditorio Reveriano Soutullo ás 19 horas dentro do ciclo 'Cantos de preto e de lonxe'

O Auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas acolle este domingo o concerto do cantautor Emilio Rúa, unha actividade cultural que se enmarca na programación do Ano Castelao que a Deputación provincial está levando a cabo nos concellos de toda a provincia. Entre as actividades ofertadas ao longo do ano, inclúese o ciclo de música 'Cantos de preto e de lonxe' que leva por toda a provincia música realizada por parte de cantautores e cantautoras galegas e que inclúe tanto estilos con raíz tradicional como doutro tipo de influenzas.

 

O concerto está previsto para as 19 horas e é o primeiro deste ciclo. Esta actividade trata de poñer en valor a relación de Castelao coa música, unha das múltiples disciplinas artísticas ás que se dedicou o multifacético autor de Rianxo, e tamén coa emigración, ao incluír na programación estilos musicais de diversa procedencia.  Emilio Rúa é un dos catro cantautores que participan na programación -os outros tres son Alba María, Tino Baz e Manoele de Felisa- e ten unha dilatada traxectoria neste eido, con seis discos editados en galego. Ten colaborado con artistas de recoñecido prestixio como Uxía, Guadi Galego, X.M. Budiño, Luís Tosar ou Kepa Junkera. Ten actuado por toda a xeografía galega, do estado e mesmo en diversos escenarios Europeos.

 

O programa de actividades culturais do 'Ano Castelao' está conformado por exposicións, concertos e obradoiros infantís co obxecto de contribuír a complementar as programacións culturais locais, co obxecto de chegar a toda a poboación da provincia. Ao longo de todo o ano, chegarse á totalidade dos 62 concellos de Pontevedra.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.