Galicia
Un neno faleceu en Sober tras ser atropelado polo tractor que conducía o seu pai
Un neno faleceu onte ao quedar baixo o tractor que conducía o seu pai no lugar de Viladime de Abaixo, no concello lucense de Sober. Ás 18:00 horas de onte, o irmá do falecido solicitaba ao CAE 112 Galicia asistencia sanitaria con urxencia para o seu irmá. Indicou que despois de caer do tractor no que viaxaba, o seu pai non o viu e o atropelou e, recibira un forte golpe na cabeza. De inmediato, requiriuse a intervención dos servizos sanitarios que mobilizaron ata o lugar o helicóptero medicalizado con base en Ourense, aínda que nada puideron facer, mais que confirmar o falecemento do cativo.
Un grupo de psicólogos especializados que colaboran co CAE 112 Galicia en emerxencias graves e catástrofes (GIPCE), desprazáronse ata o domicilio familiar para atender á familia do cativo que tamén tiveron que ser atendidos polo persoal sanitario. Dende o 112 Galicia informouse á Garda Civil e aos Bombeiros de Monforte.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136