SALCEDA DE CASELAS
O PSOE insiste na necesidade de diálogo e consenso na zona industrial de O Cerquido para "evitar especulacións"
![[Img #23995]](upload/img/periodico/img_23995.jpg)
A voceira socialista segue incidindo na necesidade urxente de planeamento da zona de O Cerquido, “era un punto do noso programa e seguimos defendendo a ordenación da zona industrial espontánea, para que teña as características de polígono industrial e as empresas poidan realizar a súa actividade coa seguridade xurídica necesaria, crecer e permitir a instalación de novas empresas, dinamizando así o tecido empresarial”.
"O que non defendemos dende o grupo municipal socialista foi a forma de facelo, onde se adscribía un terreo de Rede Natura á zona industrial en solo rústico, con un único e claro beneficiario que era a empresa que mercou terreos a baixo custo e que dese xeito tería ese chan con moito máis valor na zona industria" explical.
Xa na comisión informativa como no propio pleno -aseguran- "deixamos clara a nosa posición a través do voto particular, 'futuro polígono industrial si, especulación non'. A iniciativa que presentamos con este voto era transparente e clara, ordenar a zona industrial, sen a inclusión do terreo de Rede Natura que non vai a proporcionar máis postos de traballo, porque nela non se pode actuar". “Que non se aprobase tal como o Sr. Alcalde o presentou, non quere dicir que haxa que deixar morrer un asunto de vital importancia para o noso concello”, afirman dende o grupo municipal.
A voceira insiste unha vez máis “díxeno dende un primeiro momento, o goberno terá o noso apoio en todo aquilo que sexa bo para Salceda e rexeitaremos o que non, e dende logo non apoiaremos nunca movementos especulativos, nin nos venderemos a intereses urbanísticos, como se pretendía aprobando o planeamento de O Cerquido deste xeito”, recalca Verónica Tourón.
Os socialistas fan un chamamento para traballar conxuntamente no seno da corporación municipal e que se realice este planeamento contando con todos os grupos, abrindo un proceso informativo, de diálogo e de consenso, e tamén de interlocución cos interesados. “Apoiaremos un proxecto claro, participativo e transparente. O goberno, co Sr. Alcalde á cabeza, ten que sentarse a dialogar e tentar de chegar a un consenso, nun tema tan relevante e importante como é a zona industrial de O Cerquido”.
Considerando "a importancia deste asunto para o futuro de Salceda", os socialistas acaban de rexistrar unha moción para a creación dunha comisión informativa especial, para tratar este asunto de forma específica e facelo con extremo rigor. Aseguran, se porán a traballar para que así sexa e se realice o traballo baixo estas premisas. “Tendemos a man a un traballo conxunto, rigoroso, claro e transparente, onde non existan prácticas especulativas e se vaia co interese xeral por diante”

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149