Martes, 14 de Octubre de 2025

Xornal21
Miércoles, 06 de Abril de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

16 mosenses menores de 25 anos recolleron os seus certificados de profesionalidade

Asistiron ó acto de clausura da acción mixta de formación e emprego que estivo presidida polo director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes.

[Img #24036]

 

Onte pola tarde celebrouse a clausura do Obradoiro Municipal de Emprego ‘Mos coa Mocidade’, no salón de actos da Axencia de Colocación.

 

O acto contou coa asistencia do director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, o xefe territorial de Economía, Emprego e Industria, Ignacio Rial, o delegado territorial da Xunta de Galicia, Ignacio López-Chaves, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Óscar Soto, os membros da dirección e equipo docente do Obradoiro de Emprego ‘Mos coa Mocidade’, o alumnos/as do Obradoiro de Emprego ‘Mos coa Mocidade’ que recolleron os seus respectivos diplomas e certificados de profesionalidade e outros membros do euipo de goberno local mosense.

 

O Obradoiro ‘Mos coa Mocidade’ constou de dúas actuacións: unha de dinamización sociocultural educativa infantil e xuvenil, na que se desenvolveu un programa formativo asociado a este certificado de profesionalidade. A través desta actuación os alumnos traballadores organizaron, dinamizaron e desenvolveron actividades de tempo libre educativo e cultural coa finalidade de promover a participación e aproveitamento do tempo libre e de ocio das familias do municipio, e do tempo educativo dos nenos e nenas fomentando a educación en valores.

 

O certificado de profesionalidade de Servizos socioculturais e á comunidade inclúe dinamización de actividades de tempo libre educativo infantil e xuvenil, e dirección e coordinación de actividades de tempo libre educativo infantil e xuvenil.

 

E a segunda foi unha actuación fundamentalmente ambiental, e estivo dirixida á limpeza de espazos públicos abertos e zonas verdes e á xestión de residuos urbanos e industriais, coa finalidade de mellorar a organización, e revalorización e mantemento dos espazos públicos do municipio. Os espazos públicos que se melloraron e revalorizaron foron Puxeiros, Peinador, Sanguiñeda, San Rafael en Pereiras, os dous parques da parroquia de Cela, San Eleuterio e San Antoíño (Louredo).

 

As especialidades das que constou este segundo programa foron Seguridade e Ambiente, Xestión de residuos urbanos e industriais,  e Limpeza en espazos abertos e instalacións industriais.

 

Máis detalladamente acometéronse dentro da especialidade ambiental traballos de limpeza (mobiliario urbano, sumidoiros, beiravías, parques e xardíns) das 6 zonas urbanas do Concello así como o baldeo e fregado dos espazos abertos con camión motobomba nas mesmas zonas urbanas e as labores de limpeza e mantemento da Piscina municipal descuberta San Eleuterio e Piscina cuberta municipal das Pozas, que foron realizados con servizos propios do Concello e colaboración do persoal, maquinaria e medios auxiliares do Concello de Mos.

 

‘Mos coa Mocidade’ tivo unha duración de 6 meses e foi destinado a un total de 16 alumnos/as desempregados/as, concretamente a mozos e mozas con idades comprendidas entre os 18 e os 25 anos. O obradoiro deu comezo o pasado 30 de setembro e clausurouse onte.

 

A realización desta iniciativa foi posible gracias a unha subvención da consellería de Economía, Emprego e Industria que superou o importe de 135.000 euros.

 

O principal obxectivo deste obradoiro, tal e como declaraban onte os representantes municipais e autonómicos presentes na clausura do mesmo, foron fomentar o emprego a través de programas mixtos de emprego e formación dirixidos a mellorar a ocupabilidade, a cualificación e a inserción profesional das persoas mozas incluídas no ficheiro nacional de garantía xuvenil.

 

Outra das finalidades era mellorar a ocupabilidade das persoas participantes mediante a realización  de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibilitaran a realización dun traballo efectivo que, xunto coa formación profesional para o emprego recibida, relacionada directamente con dito traballo, lles procurase ós alumnos/as-traballadores/as a súa cualificación profesional e favorecera a súa posterior  inserción laboral no mercado de traballo.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.