Martes, 14 de Octubre de 2025

Xornal21
Viernes, 08 de Abril de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

Preto de 200 cativos aprenden a consumir de xeito responsable grazas a unha iniciativa do Concello

O obradoiro ‘Non te consumas’ organizado pola concellería de Educación e Participación Cidadá impártese nos Colexios de Atín, Castro-Mos e Pena de Francia.

[Img #24071]

 

O concelleiro Camilo Augusto asisitiu onte no Colexio Mestre Martínez Alonso de Castro-Mos ó obradoiro sobre consumo responsable titulado ‘Non te consumas’ e organizado pola concellería mosense de Educación e Participación Cidadá.

 

O edil declaraba durante a visita que “o consumo e o noso xeito de consumir ten unha importancia nas nosas vidas moito maior da que moitas veces pensamos, dende que nos erguemos polas mañás ata que nos deitamos polas noites. Polo tanto, é evidente que é un tema tan importante nas nosas vidas que non podemos excluílo do currículo escolar e temos que darlle cabida dalgún xeito”.

 

A educación para o consumo está pensada para facer reflexionar ás consumidoras e consumidores sobre os seu dereitos como tales: escoller un produto que non sexa nocivo para a súa saúde e que responda ó mellor prezo e máxima calidade. Por todo elo dende a concellería de Educación e Participación Cidadá considerouse imprescindible que os/as mozos/as coñezan que é o consumo responsable e a súa importancia como alternativa ao tipo de consumo no que estamos inmersos, é importante recoñecer as consecuencias que teñen as nosas accións cotiás para poder cambiar así aquelas actitudes nocivas para o noso entorno e para nos mesmos/as, de xeito que se contribúa a facer cambios a prol dun mundo máis xusto e solidario.

 

Así mesmo, outro obxectivo deste obradoiro é proporcionar materias, ferramentas e recursos de apoio ao profesorado en materia do Comercio Xusto e Consumo Responsable para desenvolver a capacidade crítica de análise ante a realidade do consumo.

 

O taller é impartido pola ONG Solidariedade Internacional de Galicia. Unha organización non Gobernamental de Desenvolvemento Galega, de carácter laico, que promove a xustiza social a través de proxectos de cooperación internacional, axuda humanitaria e de emerxencia, educación para o desenvolvemento e sensibilización, comercio xusto e incidencia política.

 

É nos centros educativos onde o traballo de Solidariedade Internacional de Galicia ten un alto recoñecemento, xa que as súas intervencións se caracterizan por unha metodoloxía baseada na participación, a innovación e a diversidade de propostas onde os nenos e nenas poden aprender de xeito ameno e divertidos mediante a interacción entre as/os seus iguais e as educadoras/es.

 

Os destinatarios desta actividade son os alumnos/as de 5º e 6º de Primaria dos CEIPs de Atín-Cela, e Mestre Martínez Alonso de Castro-Mos, onde se impartiu o taller no día de onte; e o de Pena de Francia, onde se levará a cabo hoxe. En total participarán nesta iniciativa 170 nenos e nenas.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.