NIGRÁN
O alcalde de Nigrán entrega o premio do I Concurso Fotográfico "Nigrán, todo o que buscas"
Rosa María Rodríguez, nai de Javier Campos, foi a encargada de recoller o galardón, que consistía nunha clase de surf.
![[Img #24067]](upload/img/periodico/img_24067.jpg)
O alcalde de Nigrán, Juan González, entregou onte o premio do I Concurso Fotográfico "Nigrán, todo o que buscas", no que resultou gañador Javier Campos Rodríguez, de 26 anos e veciño de Baiona. A súa nai, Rosa María Rodríguez, foi a encargada de recoller o galardón, consistente nunha clase de surf, nun acto celebrado no Auditorio Municipal ao que asistiron o rexedor nigranense, a concelleira de Cultura, Xuventude e Igualdade, Ana Pérez, o edil de Eduación e Deportes, José Luis Sanromán, o fotógrafo profesional Adrián Irago e representantes de Patos Surf Escola.
No evento tamén se deron a coñecer os nomes dos autores das instantáneas finalistas coas que se pretenden realizar distintas campañas de promoción turística da localidade. Estos son: Deborah Torres, Victoria Lvova, Santiago Rodríguez Díaz, Lucinda Abreu, Martín V. Fernández, Héctor Fernández, Alexandra Pazos, John Morrisey, Javier Iglesias, Fernando Gainzarain, Tita Tur Grivé e Víctor Gómez Romero. Porén, dada a beleza das fotografías, todas formarán parte dunha exposición que se estreará nos vindeiros meses.
No evento reveláronse as isntantáneas que resultaron finalistas e que se empregarán en futuras campañas turísticas do municipio
Estas iniciativas veñen consolidar o principal obxectivo do certame: dar visibilidade ás xoias turísticas do municipio a través da mirada daqueles que desfrutan das súas praias, monumentos, ríos ou montes.
O certame en cifras
Na primeira edición do concurso, que se levou a cabo do 19 ao 28 de marzo a través das redes sociais do Concello, participaron 59 persoas aínda que as cifras alcanzadas co álbum foron moi superiores. En total, 30.923 usuarios seguiron o certame a través do perfil de Facebook da Concellaría de Turismo, nas distintas imaxes rexistráronse 12.994 clics e entre o número de reaccións, comentarios e veces partilladas acadouse un volume de 1.893 interaccións.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.44