Lunes, 13 de Octubre de 2025

Xornal21
Domingo, 10 de Abril de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

Medio Rural concede unha axuda de 55.000 euros para a mellora dun vial na parroquia de Mos

A subvención inclúese nun plan de optimización de camiños municipais de acceso a explotacións agrarias que facilitará ós veciños chegar ás súas fincas agrícolas e de monte.

[Img #24105]

 

Os concelleiros mosenses de Patrimonio, Camilo Augusto, Vías e Obras, Luis Alonso, e Medio Ambiente, Julia Loureiro, informaron esta semana da concesión ó Concello de Mos por parte da consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, dunha subvención do Plan Marco: mellora de camiños municipais de acceso a explotacións agrarias 2016, destinándolle a este municipio a cantidade de 54.860 euros.


O presente Plan Marco ten por obxecto promover investimentos destinados á mellora da rede viaria existente no medio rural para facilitar a accesibilidade as explotacións agrarias.


Son subvencionables ao abeiro deste Plan Marco as actuacións de ampliación, mellora ou mantemento dos camiños municipais de acceso a explotacións agrarias.


Este importe de preto de 55.000 euros está cofinanciado nun 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), nun 7,5% por fondos do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, e nun 17,5% por fondos propios da Xunta de Galicia.


Este proxecto enmarca unha serie de actuacións co obxectivo de mellorar o entorno rural dos barrios e parroquias. En concreto trátase do Camiño de Merouces, na parroquia de Mos, e contempla traballos necesarios para a mellora da pavimentación do citado camiño co fin de favorecer o acceso ós veciños da zona ás súas fincas agrícolas e ás fincas de montes en mancomún. En concreto ubícanse dúas fincas agrícolas con explotacións agrarias, (viñedo) e dúas zonas de monte. O acceso mellórase na zona do camiño máis deteriorada exclusivamente, centrándose no camiño no seu percorrido de oeste a este e no camiño de acceso ó mesmo polo este.

 

Actualmente no Camiño de Merouces a capa de rodadura está formada por un pavimento de aglomerado asfáltico, que se atopa en estado irregular con baches e fisuras en prácticamente a totalidade da súa superficie.

 

Pola súa traza discorre un colector de augas residuais e ten recollidas puntuais de augas pluviais. Ademais ten cunetas que en moitos lugares están deterioradas e noutros non existen, provocando un excesivo deterioro do pavimento.

 

O obxecto do presente proxecto é a acometida dunha nova capa de rodadura, tomando como base o pavimento actual. Para elo, previo barrido da superficie, aplicarase un rego de adherencia para posteriormente extender unha capa de mezcla bituminosa en quente de 6 centímetros de espesor. Así mesmo realizarase o desbrozado mecánico de cunetas e taludes por ambas marxes do camiño.

 

En determinadas zonas executarase sobreancho, mediante excavación para saneo de terras que substituiranse por macadam. Como complemento á recollida de augas pluviais realizarase unha cuneta de formigón, con elementos prefabricados ou execución “in situ”, nalgúns tramos previamente indicados no proxecto. Unha vez finalizados os traballos de pavimentación será necesario reubicar, á nova cota, as tapas dos pozos de rexistro e/ou arquetas dos servizos existentes.

 

As actuacións abarcan tramos que suman unha lonxitude aproximada de 560 metros e unha superficie de 2.953,50 metros cadrados.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.