PROVINCIA
Conta atrás para a compostaxe na provincia
Os aspirantes a mestras e mestres composteiros realizaron esta semnana a última proba puntuable para acadar unha das dez bolsas da Deputación que os converterá nos xestores dos centros de compostaxe comunitaria dos concellos da provincia.
![[Img #24138]](upload/img/periodico/img_24138.jpg)
A aplicación da compostaxe como sistema de tratamento de lixo na provincia está na súa conta atrás. Esta semana os aspirantes a mestras e mestres composteiros realizaron a última proba puntuable para acadar unha das dez bolsas da Deputación que os converterá nos xestores dos centros de compostaxe comunitaria nos concellos da provincia. A proba consistía na defensa dun plan de residuos elaborado sobre datos dunha localidade real en base ao Plan Compost Revitaliza e o obxectivo era avaliar a capacidade de comunicación e de empatía cos veciños participantes.
A nota deste exame xuntarase coa da elaboración do plan de residuos en si e tamén coa dos tres exames realizados sobre os módulos de formación teórica recibidos nas últimas semanas na denominada ‘Facultade da compostaxe'. Nestas clases os aspirantes coñeceron datos sobre compostaxe da man de profesores galegos, do resto do estado e tamén do estranxeiro sobre cuestión moi variadas relativas ao compost da materia orgánica. Foron eses profesores, baixo a coordinación dos técnicos provinciais os que deixaron as preguntas que consideraban máis acaídas para os exames.
Ata o de agora as cualificacións dos alumnos foron altamente satisfactorias, polo que se agarda que a nota final (que se coñecerá este venres día 15) sexa moi parella.Todos os alumnos que superen as probas obterán a titulación de mestra e mestre composteiro, que terá a posteriori recoñecemento universitario por parte da Universidade de Vigo. Así, os 19 alumnos formados pola Deputación de Pontevedra serán os primeiros de España cunha preparación específica para o traballo como xestor de centros de compostaxe, tanto comunitarios como individuais ou plantas de maiores dimensións.
Nun primeiro momento serán dez dos aspirantes os que acaden unha bolsa de traballo por parte da Deputación por un máximo de un ano a razón de 1.300 euros mensuais. Posteriormente, iranse incorporando os seguintes en función das necesidades da Deputación e dos concellos. A intención é que os primeiros mestres e mestras composteiros estean traballando xa no mes de maio.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60