Viernes, 28 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 11 de Abril de 2016 Tiempo de lectura:
O Porriño

Unha empresa contratada polo Concello limpará as beiras do Louro

[Img #24146]

O Goberno Local do Porriño ven de contratar os servizos dunha empresa que, dende este luns, empezou a limpar as beiras do río Louro. Os especialistas iniciaron o traballo na Ponte de Riego cara ao albergue, nos dous lados dos río ao tempo.

 

A alcaldesa, Eva García de la Torre, informa de que o Concello encargou, ademais, un estudo que ten que sinalar “polo miúdo” cales son as deficiencias do paseo, do propio canle do río, a caída de árbores e a acumulación de lixo no treito do río.

 

Eva García de la Torre agradece o labor dos veciños e a iniciativa posta en marcha para limpar o Louro, pero subliña que o Concello non pode deixar de cumprir coa súa obriga e, tampouco, “deixar de exixir á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil que asuma as súas competencias e o custo que terá o saneamento e limpeza do río”.

 

A alcaldesa engadiu que o Concello non pode permitir que veciños e voluntarios corran riscos que poden poñer en perigo a súa integridade e, insiste, os servizos locais son os que deben de “asumir o mantemento dos espazos públicos e ter os mesmos en perfectas condicións”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.21

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.