NIGRÁN
A Mancomunidade do Val Miñor recibe material de seguridade para combater a avespa asiática
A dotación, composta por tres traxes especiais, xa se lle entregou ao Grupo de Emerxencia Supramunicipal.
![[Img #24149]](upload/img/periodico/img_24149.jpg)
A Mancomunidade de Concellos do Val Miñor (MCVM), integrada polos municipios de Nigrán, Gondomar e Baiona, vén de recibir novos materiais para combater a avespa asiática "con todas as garantías de seguridade", segundo afirmou Juan González, presidente da agrupación e alcalde de Nigrán.
A dotación, cedida pola Xunta de Galicia, consta de tres traxes especiais, un de máxima protección e dous estándares, que o Concello de Nigrán xa entregou ao Grupo de Emerxencia Supramunicipal (GES), encargado da identificación e destrución dos niños da vespa velutina na comarca. Este equipamento permite a manipulación dos cortizos evitando a picadura do aguillón deste insecto, que pode alcanzar entre os 3 e os 6 milímetros de lonxitude.
A entidade está agora pendente dunha pértega para acceder aos avespeiros, situados nos cumes das árbores, a moita altura
A MCVM está pendente, ademais, do envío dunha pértega adaptada para que os efectivos do GES poidan acceder aos avespeiros con maior facilidade, xa que xeralmente se localizan nas copas das árbores, a moita distancia do chan, e inxectar así un insecticida específico (biocida) para a súa posterior destrución.
![[Img #24150]](upload/img/periodico/img_24150.jpg)
"É a primeira vez que se proporcionan estes medios aos efectivos do GES para loitar contra a avespa asiática nunhas condicións óptimas e que non entrañen risco para a súa saúde. Isto dá conta do esforzo que estamos a facer dende as distintas administracións para poñer en marcha accións coordinadas de cara á erradicación desta praga", subraiou González.
Neste sentido, o presidente da Mancomunidade destacou o plan de actuación contra estes predadores que se puxo en marcha o ano pasado no Concello de Nigrán, e que permitiu retirar máis de 110 niños deste insecto. Este ano estase a incidir ademais na prevención, coa colocación de 50 trampas que atraen ás raíñas iniciadoras en nove puntos estratéxicos da localidade nos que en 2015 se detectaron más cortizos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184