Nigrán
A Marcha homenaxe ás víctimas do accidente da Guarda celebrarase o 1 de maio
![[Img #24175]](upload/img/periodico/img_24175.jpg)
Tras non poder desenvolverse na data inicialmente prevista do pasado 20 de marzo ao coincidir co inicio da campaña de desprazamentos da Semana Santa, a Marcha homenaxe ás víctimas do accidente da Guarda celebrarase o vindeiro 1 de maio.
A Federación Galega de Ciclismo e a Federación Galega de Tríatlon xa dispoñen de todos os permisos necesarios para levar a cabo esta concentración na honra do falecido José Antonio Casas Pérez (Ñito) e do resto de deportistas involucrados no tráxico suceso do 12 de marzo na PO-552.
O lugar de concentración será a Ponte Romana da Ramallosa, no concello pontevedrés de Nigrán, onde ás 10:00 horas arrancará o pelotón formado por todas as persoas que se desexen sumar a esta iniciativa para percorrer en bicicleta o traxecto ata o punto do sinistro.
O accidente do que xa se cumpriu un mes custoulle a vida a Ñito, membro do clube Miñor Bike, e deixou sete feridos máis, tres deles aínda hospitalizados, que pasaron a engrosar a lista negra de víctimas mentres practicaban deporte nas estradas galegas e españolas nos últimos tempos.
Lucindo crespóns negros en sinal de loito, os participantes rodarán aproximadamente durante hora e cuarto atravesando os concellos de Nigrán, Baiona, Oia e A Guarda, onde deixarán de dar pedais no escenario do accidente, no punto kilométrico 44 da estrada PO-552. Alí, procederase a ler un manifesto de apoio aos achegados das víctimas e no que se reivindicarán respeto e medidas a prol dos usuarios da bicicleta.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184