NIGRÁN
Satisfacción do goberno de Nigrán pola aprobación definitiva do orzamento do municipio para este ano
O texto, segundo o goberno "cun carácter eminentemente social", saíu publicado esta semana no BOPPO cun investimento total de 13,6 millóns de euros.
![[Img #24196]](upload/img/periodico/img_24196.jpg)
O goberno de Nigrán amosou a súa satisfacción pola aprobación definitiva do orzamento do municipio para o presente ano, cuxo importe ascende a 13.609.581,68 euros, despois da súa publicación este martes no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO).
"É unha moi boa noticia porque isto significa que xa podemos comezar a traballar na posta en marcha dos distintos proxectos definidos no documento", declarou Juan González, alcalde de Nigrán, quen volveu facer referencia ao "gran esforzo" realizado polo goberno coas aportacións dos grupos da oposición para poder elaborar unhas "moi boas contas" coas que cubrir as "principais necesidades da veciñanza".
O rexedor destacou, ademais, que a aprobación definitiva do documento permitirá o pago íntegro dos 150.000 euros en facturas que están sen contabilizar e pendentes de abono a proveedores dende o ano 2014, "unha cuestión prioritaria" que se levará ao pleno ordinario do 28 de abril.
Isto permitirá aboar os 150.000 euros en facturas pendentes a proveedores dende 2014, decisión que se levará ao pleno de abril
O orzamento foi aprobado sen ningún voto en contra no pleno celebrado o pasado 3 de marzo e nel incluíronse as achegas realizadas pola Corporación, como as inversións do Plan Concellos 2016, que ascenden a 698.961,08 euros. Esta suma dedicarase á recuperación de espazos públicos nas sete parroquias do municipio, como a humanización dos torreiros de Priegue e Parada, a rehabilitación das antigas escolas de Balinfra e a súa contorna, en Camos, a dotación de iluminación a Chandebrito ou o acondicionamento de distintas rúas en Panxón.
Este presuposto ten un carácter eminemente social, xa que o aumento dos investimentos focalízase en Asuntos Sociais, Emprego, Educación, Inserción e Servizos, que se sitúan en 276.574,06 euros, o que supón un promedio de incremento das partidas dun 120% con respecto ao ano anterior.
González quixo suliñar os novos apartados de "axuda a persoas dependentes", dotada con 20.000 euros, e o proxecto pioneiro de estimulación cognitiva para persoas con demencia neuro-dexenerativa, cun investimento de 15.000 euros.
"Despois de moitos meses de traballo para elaborar un orzamento que se axustase ás necesidades de todos os veciños de Nigrán, por fin podemos avanzar cara adiante", declarou o alcalde, e engadiu: "O noso principal obxectivo agora é comezar canto antes os distintos plans e programas para a consecución dese 'Nigrán para todos', á altura das expectativas e necesidades da poboación nigranense, e facer deste municipio un exemplo de convivencia, integración e respeto, no que todas as persoas teñan cabida, especialmente aquelas máis vulnerables".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184