PROVINCIA
O novo servizo de cohesión social medrou os seus orzamentos nun 11 por cento para o ano 2016
Os deputados Digna Rivas e Carlos Font presentan os distintos programas de axudas e subvencións para concellos e asociacións e entidades.
![[Img #24199]](upload/img/periodico/img_24199.jpg)
Os deputados Carlos López Font e Digna Rivas presentaron hoxe en rolda de prensa o renovado servizo de Cohesión Social e Xuventude que conta cunha nova filosofía baseada nos dereitos e a igualdade das persoas para acceder aos servizos e non en criterios de beneficencia.
Carlos Font, que desgreñou os programas de Cohesión Social, subliñou que o novo goberno da Deputación de Pontevedra aposta “moi forte polos servizos sociais nun momento de crise económica e onde moitas persoas o están a pasar mal, como o demostra o incremento dun once por cento do orzamento que pasou de 3,6 millóns de euros no 2015 a 4,1 millóns para o 2016”.
Este compromiso é o que con levou a dotar as axudas de emerxencia social aos concellos da provincia con cen mil euros máis en 2016 achegándose ate os 465.000 euros, o que representa un 27% máis de fondos. Estas axudas serven, como recordou o deputado, para que os servizos sociais dos concellos podan atender pagos en facturas de alimentación, luz, medicamentos, etc en persoas con problemas económicos.
Entre as outras axudas e subvencións que conta a Deputación en Cohesión Social o deputado destacou os 700.000 euros a axudas a entidades sen ánimo de lucro para realizar actividades de servizos sociais ou socio-sanitarios.
Para a implantación de proxectos sociais a través de entidades de iniciativa social que realicen actividades de servizos sociais ou socio-sanitarios se destinan outros 200.000 euros. As entidades prestadoras de servizos sociais tamén poderán pedir subvencións para o programa “En ruta coa Depo 2016”, cúas bases van ser aprobadas mañana venres en xunta de goberno, co fin de fomentar o asociacionismo dinámico e saudábel entre os maiores e a xuventude. Este programa conta cunha partida inicial de 238.000 euros.
Para as entidades de maiores e xubilados púxose o programa “Depo en marcha 2016”, cunha partida económica de 120.000 euros e que é gratuíto para os participantes , destinados a favorecer o envellecemento activo.
O novo proxecto “Tecendo Lazos 2016”, cun orzamento de 60.000 euros, vai adicado as familias dos concellos de menos de 50.000 habitantes co fin de desenvolver talleres interxeneracionais. Unha aposta nova para traballar nas relacións entre os máis maiores e os xóvenes.
No que respecta aos programas dos concellos adícanse 2.178.948 euros para o plan de cofinanciamento dos servizos sociais comunitarios municipais e os servizos de axuda no fogar.
Para o servizos de teleasistencia nos concellos de menos de 20.000 habitantes adícanse 53.500 euros, cantidade igual a do ano pasado.
Por último, o programa “Depotermal 2016”, destinado as persoas empadroadas na provincia pensionistas ou que precisen dun respiro familiar, co fin de fomentar o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida. Neste proxecto inclúense 434 prazas gratuítas que repártense dun xeito proporcional entre os concellos da provincia para que sexan os servizos sociais quenes dispoñan delas.
Pola súa parte, a deputada Digna Rivas, sinalou a importancia de contar, por primeira vez dentro do servizo de Cohesión Social dun apartado adicado á Xuventude, algo que ate de agora non contaba a Deputación de Pontevedra.
Rivas destacou o proxecto “DepouArte”, do cal acabamos de aprobar as bases da primeira edición deste programa destinado a mellorar a participación activa das mozas e mozos no desenvolvemento sostible, económico e social da mesma. Este programa conta cun orzamento de 100.000 € para ofrecer á mocidade de entre 14 e 30 anos dos concellos de menos de 50.000 habitantes actividades innovadoras e modernas, dinamizadoras, educativas e de lecer. En concreto se ofertan actividades agrupadas en cinco áreas: “MúsicARTE” (Break dance, rap, funky, hip-hop, e o teu corpo: un instrumento); “RúARTE” (slackline, monopatín e sobre rodas); “UrbanARTE” (graffitti, xogos malabares e monólogos na rúa); “CreARTE” (crea a túa historieta, crea o teu fanzine e curtametraxes co móbil) e “CociñARTE” (a cociña da avoa, cociña en verde, o mundo no prato, endúlzate e cocteleira e batidos sen alcohol).
Un programa de linguas estranxeiras, axudas para entidades asociativas da xuventude, e unha plataforma web para os mozos e mozas, que sirva de ponte para o intercambio de experiencias e información, son outros dos plans que vanse desenvolver nos próximos meses, segundo informou Digna Rivas.
Por último, a deputada subliñou a celebración dunha “Xornada da Xuventude” a nivel provincial que se celebrará no mes de maio e que pretende informar e orientar sobre todos aqueles temas de interese xuvenil, incentivar a participación da mocidade na súa realidade social e establecer canles de participación entre as entidades públicas e a mocidade.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213