Domingo, 12 de Octubre de 2025

Xornal21
Viernes, 15 de Abril de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

Mos comeza o 2016 cun despunte de licenzas de actividade nas que predomina o sector hosteleiro

O municipio mosense experimenta unha notable dinamización da economía local, xa que en pouco máis de tres meses tramitáronse máis do dobre de licenzas que a estas alturas do ano pasado e un total de 11 son negocios de hostelería.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Urbanismo mosense, Julia Loureiro, informaron hoxe das crecentes cifras de licenzas de actividade tramitadas e concedidas polo departamento municipal que dirixe Loureiro. Estes datos apuntan que dito incremento está a producirse pola combinación de dous factores: grazas ó sistema de Comunicación Previa que axiliza enormemente os trámites para os titulares dos negocios, unido ó crecemento do número de negocios que demostra a dinamización da economía local.


No ano 2015 tramitáronse 51 licenzas de actividade e no 2014 un total de 62, fronte ás pouco máis de 40 en 2013, ano no que comezou a implantarse o sistema de Comunicación Previa; as 39 do ano 2012 cando aínda non estaba implantado dito sistema e as 33 do ano 2011.


Os datos máis representativos son os do presente ano 2016. Nos tres meses e medio que van de ano, o departamento de Urbanismo mosense tramitou 31 licenzas de actividade, incluíndo actividades novas e cambios de titularidade. O que significa que se os trámites teñen resultado favorable, Mos tería xerado en menos de catro meses máis de 30 novos negocios. Cómpre destacar que no pasado ano 2015 tan só 3 licenzas de actividade tiveron resultado desfavorable e un dos titulares renunciou á licenza.


Estas 31 licenzas de actividade tramitadas supoñen máis do dobre con respecto ó ano pasado, representando un crecemento porcentual do 138%.


Por sectores, o que predomina de xeito aplastante é o da hostelería, destas 31 licenzas de actividade tramitadas, 11 son para negocios de hostelería (o 36% do total), 4 para actividades comerciais varias (o 13% do total), 3 para almacén (menos do 10% do total), 2 para industria do automóvil, 2 para perruquería, e unha licenza nos casos de: empresa de eventos e concertos, distribución de productos cárnicos, construcción de embarcacións, lavandería autoservizo, aluguer de maquinaria e equipos de construcción, material sanitario, taller de carpinteiría metálica, plantas de xestión de residuos e descarga de propano.


Respecto destas cifras, as representates municipais declararon sentirse orgullosas “tanto da dinamización e crecemento da economía local que revertirá en maior riqueza para o Concello e para os seus veciños e veciñas, así como na creación de novos postos de traballo que reduzan as listas do paro en Mos; como do funcionamento do departamento municipal de Urbanismo que, coa implantación do procedemento de Comunicación Previa, logrou axilizar trámites e facilitarlles a creación e apertura de negocios ós empresarios e emprendedores interesados en  instalarse na localidade mosense”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.