Martes, 27 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 20 de Abril de 2016 Tiempo de lectura:
Nigrán

O Concello de Nigrán dispón dun novo almacén en Porto de Molle

Este espazo, de 738 metros cadrados, albergará a área de Vías e Obras durante dous anos cun aluguer un 40% inferior ao da antiga nave

[Img #24238]

 

O Concello de Nigrán xa dispón dun novo almacén municipal para o departamento de Vías e Obras no Parque Empresarial Terciario Porto do Molle. Trátase dun espazo de 738 metros cadrados localizado no módulo central do polígono, na nave 6-D, cuxo aluguer mensual é un 40% inferior ao que se pagaba polas antigas instalacións. Así, o custe actual sitúase en 1.691 euros ao mes, lonxe dos 4.235 euros mensuais que supuña a nave arrendada na rúa dos Pazos.

 

Este novo espazo, moderno e dotado de todos os servizos, consta de tres plantas, unha baixa, na que se garda o groso do material e dúas superiores, que nun futuro se poderán utilizar como oficinas. Cumpre, ademais, todos os requisitos precisos relativos á normativa de saúde laboral e seguridade contra incendios. “Este novo emprazamento, no centro do municipio, vén respaldar a nosa aposta como administración local polo crecemento e consolidación de Porto de Molle como foco industrial da comarca", apuntou Juan González, alcalde de Nigrán.

 

O responsable precisou que os vehículos municipais que antes se aparcaban no almacén se trasladaron á antiga escola taller de artes e oficios da rúa Paradellas, detrás do IES Val Miñor, no que tamén se atopan os vestuarios para o persoal laboral.

 

O traslado do material e das ferramentas realizouse a principios de marzo, mes no que vencía o contrato de aluger firmado polo anterior goberno municipal en 2012 e que supuña un desembolso de case 51.000 euros anuais, sen contar o custe das reformas que se efectuaron no local, que ascenden a 28.909 euros. A isto hai que engadir que o solo no que se sitúa a nave é rústico, non industrial, de xeito que non é posible obter licenza para o seu uso como almacén. "Xa dende a oposición criticamos o derroche que supuña para as arcas municipais o arrendamento durante os catro anos do antigo local”, lembrou o rexedor.

 

Unha das promesas do goberno de Nigrán era buscar unha solución a este gasto desmedido, polo que unha vez concluído o contrato de aluguer, decidiron non renovalo e emprazar, con carácter temporal, o almacén municipal nunha das naves bioclimáticas de Porto do Molle por un prazo de dous anos prorrogables. Durante este período de tempo, o Concello ten previsto adquirir unha parcela no parque empresarial para construír un espazo propio co préstamo concedido pola Deputación de Pontevedra en agosto de 2015 e que ascende a 344.679,41 euros.

 

“Estamos moi satisfeitos por ver cumprida unha das nosas promesas electorais, que permitirá aforrar unha importante cantidade de cartos ás veciñas e veciños de Nigrán”, declarou González, quen salientou a instalación do almacén no parque industrial, “que se está a converter nunha parte moi importante do presente e o futuro do municipio”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.