Viernes, 16 de Enero de 2026

Xornal21
Lunes, 18 de Abril de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Xunta de Galicia pon en marcha na Delegación Territorial de Vigo o novo servizo de cita previa para as oficinas de Rexistro

Ignacio López-Chaves presentou o novo servizo que comezará a funcionar o vindeiro luns día 18 nesta delegación territorial.

[Img #24243]

 

A Xunta de Galicia, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), pon en marcha na Delegación Territorial de Vigo o novo servizo de cita previa para a súa oficina de Rexistro. Esta iniciativa, que arranca na delegación viguesa e se estenderá de xeito progresivo ás restantes oficinas de rexistro, enmárcase no Plan de Goberno de Administración e Goberno Dixital 2020.

 

A semana pasada, o delegado territorial da Administración autonómica na cidade, Ignacio López-Chaves, acompañado da xefa de sección da Amtega en Vigo, María Teresa González, presentou aos medios de comunicación o novo servizo e os pasos que as persoas interesadas teñen que levar a cabo para beneficiarse da cita previa.

 

Coma explicou, poderase reservar data e hora para presentar solicitudes, escritos ou documentos dirixidos ás Administracións Públicas así como a compulsa dos documentos que acompañen aos anteriores. “Ata o de agora as persoas tiñan que vir ata aquí e esperaban a súa quenda, a partires do luns van a poder facelo a través de internet e vir con hora fixada ao edificio”, comentou.

 

 

 

Poderase reservar data e hora para presentar solicitudes, escritos ou documentos dirixidos ás Administracións públicas así como a compulsa de documentos

 

 

 

Para facelo, soamente hai que acceder á páxina web da Xunta www.xunta.gal e facer click na pestana de ´Atendémolo´ para seleccionar despois ´Cita Previa´. A partires de aí e unha vez que se dean todos os pasos, obterase un código co que o administrado acudirá á unidade de Rexistro do edificio vigués. Ademais, o interesado recibirá un SMS no seu móbil e un correo electrónico no que se lle facilitará a mesma información. Unha vez que o administrado se presente no edificio da Xunta, terá que acudir ao punto de información multimedia instalado na entrada do Rexistro e confirmar a súa chegada ao centro. Terá que inserir o código facilitado para validar a cita e logo esperar a ser chamado polas pantallas de información.


Coma valorou o delegado, este novo sistema supón “un gran avance” e unha “aposta” polas novas tecnoloxías “que van a beneficiar aos usuarios” xa que, coma explicou López-Chaves,  implica “a posibilidade de que se poida optar” a este sistema. “É un recurso opcional sobre todo para os profesionais pero tamén para os particulares”, matizou. De feito, nestes días mantivo unha reunión cos representantes dos colexios de avogados, economistas, graduados sociais, xestores administrativos e traballadores sociais para explicarlles o novo sistema porque “son os que máis o van a utilizar”, considerou.

 

Segundo as estatísticas do propio servizo, pola Oficina de Rexistro e Información da sede viguesa pasan ao redor dunha media de 500 persoas ao día. Neste senso, a atención ao usuario tras a implantación da cita previa será combinada. “Acoden moitos usuarios polo que vanse a combinar os dous sistemas: o actual sen cita previa e o novo”, dixo López-Chaves insistindo que “está aberto a todos os cidadáns” e que “somos os primeiros de Galicia que vamos a ter este sistema”. É por isto polo que agradeceu o “importante esforzo” que supuxo a súa implantación tanto para os traballadores da oficina como para os responsables da Amtega, encargados de deseñar este sistema para poñelo en marcha este luns día 18.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.