GALICIA
Noruega e Polonia acollen senllas presentacións do destino turístico Galicia
A oferta galega promoverase mañá no Día de España en Oslo entre operadores turísticos e público final.
![[Img #24263]](upload/img/periodico/img_24263.jpg)
Turismo de Galicia inicia esta semana unha nova cita no calendario da promoción internacional do destino Galicia. Este luns, a oferta turística galega estará en Noruega dentro do evento Día de España en Oslo, no que os operadores turísticos máis importantes da capital escandinava e o público final poderán coñecer de preto os recursos e os servizos turísticos da Comunidade galega.
Nesta xornada, organizada pola Oficina de Turismo de España en Oslo, Galicia participará xunto con outras comunidades e destinos turísticos españois co obxecto de difundir os valores turísticos galegos entre os noruegueses, tanto no ámbito profesional como no xeral.
Turismo de Galicia participou tamén nas xornadas directas de promoción desenvolvidas nas cidades polacas de Varsovia e Wrocław
O Día de España en Oslo terá lugar no emblemático edificio Gamle Logen onde Galicia contará cun espazo para a presentación da súa oferta turística e a atención ao público interesado no destino Galicia.
Xornadas de traballo con operadores en Polonia
Por outra parte, dentro do ámbito da promoción turística internacional, Turismo de Galicia participou recentemente nunhas xornadas de traballo con operadores turísticos nas cidades polacas de Varsovia e Wrocław.
Foron dous días de relación cos principais operadores turísticos polacos ao obxecto de apoiar a comercialización do destino Galicia, cunha participación de 120 axentes.
Polo que respecta á demanda turística, Galicia rexistrou o pasado ano un total de 8.877 viaxeiros procedentes de Noruega e aloxados en establecementos hoteleiros galegos. Esta cifra supuxo un incremento do 17% en relación ao ano 2014.
En canto aos polacos, no ano 2015 rexistráronse 20.582 viaxeiros aloxados en establecementos hoteleiros da Comunidade galega, cun incremento do 30% en relación ao mesmo período do ano anterior.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217