PROVINCIA
A Deputación saca a licitación o programa XUVENIL “DepoRúARTE” por 100.000 euros
A Xunta de goberno da Deputación de Pontevedra acordou iniciar os trámites para a contratación, mediante procedemento aberto, dunha empresa que se encargue da xestión e execución do programa “DepoRúARTE” por unha partida orzamentaria de 100.000 euros. As condicións de contratación tamén inclúen a organización do I Certame Xuvenil DepoRúARTE, que clausurará o programa.
De acordo coas cláusulas que rexerán a contratación, a adxudicación levarase a cabo atendendo a un único criterio de valoración, o prezo, ou ben a unha pluralidade de criterios, entre os que figuran o material didáctico, a experiencia e formación do equipo técnico e dos docentes e a posibilidade de ampliar o número de prazas no caso de que exista maior demanda da prevista. O prazo de execución para a totalidade do contrato será desde a súa formalización ata o 31 de outubro de 2016.
Os contratistas interesados na licitación deberán presentar as súas proposicións no Rexistro Xeral da Deputación, ou auxiliares, ou mediante correo. O prazo é de quince días naturais, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio no BOPPO. A Deputación publicará todas as noticias, avisos e documentación relativa ao procedemento no Perfil do Contratante integrado na Plataforma de Contratación do Sector Público do Estado (www.contrataciondelestado.es).
“DepoRúARTE” é unha iniciativa do servizo de Cohesión Social e Xuventude para poñer en marcha unha programación de actividades educativas e de lecer destinadas ao colectivo xuvenil da provincia. O programa está dirixido a mozos e mozas de 14 a 30 anos de idade, empadroados nos concellos de menos de 50.000 habitantes adheridos ao programa..

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149