Sábado, 11 de Octubre de 2025

Xornal21
Lunes, 18 de Abril de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

Medio centenar de mosenses insertáronse laboralmente grazas ó Plan Integrado de Emprego

Dende o seu inicio en setembro de 2015 o PIE Mos 3.0 impartiu un total de 29 accións formativas, a maioría das cales incluíron prácticas en empresas.

[Img #24280]

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro mosense de Promoción Económica e Emprego, Óscar Soto, informaron hoxe sobre os resultados de inserción laboral durante o que vai do Plan Integrado de Emprego Mos 3.0., aproveitando que xustamente a semana pasada remataron unha serie de accións formativas que se estaban impartindo e comezaron outras novas.


O PIE Mos 3.0, continua desenvolvendo diversas accións formativas, que combinadas con prospección empresarial e orientación laboral, compoñen o proxecto presentado polo Concello de Mos e aprobado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.


Actualmente están a levarse a cabo os cursos de preparación da proba libre da ESO, inglés, e preparación do permiso de conducir B.


Como xa se dixo, a semana pasada finalizaron varias accións formativas do PIE, tales como o de operacións básicas de cociña,  operario/a de almacén e o de reciclaxe para persoal administrativo. 14 das 28 persoas que realizaron estes tres cursos están a facer prácticas en diversas empresas dos respectivos sectores. Con ditas prácticas preténdese elevar o nivel de empregabilidade dos usuarios/as  á vez que supoñen un impulso para a consecución do obxectivo de atopar un posto de traballo.


Ademais dos tres cursos antes mencionados e que xa están en marcha, esta semana iniciaranse outras seis accións formativas máis: hoxe comeza un curso de informática básica de 30 horas de duración e outro de reparación de pantallas de dispositivos móbiles de 30 horas de duración tamén; mañá comezarán dúas accións formativas de 20 horas de duración sobre a rede como ferramenta de Networking e, por último, o mércores 20 de abril iniciaranse dous cursos de prevención de riscos laborais de 60 horas de duración.


Datos de inserción


Desde que arrancou o Plan Integrado de Emprego, Mos 3.0, o  pasado 1 de setembro de 2015, 48 persoas traballaron e 43 realizaron e finalizaron prácticas en empresas de diversos sectores. Foron prospeccionadas máis de 100 empresas e entidades.


Ademais, realizáronse un total de 29 accións formativas cunha media de participación de 12 persoas por curso. O número total de persoas usuarias do PIE é de 90.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.