NIGRÁN
Identificados dous menores de 15 anos cando roubaban nunha vivenda en Lourido
Os adolescentes contaban xa con outros tres delitos de violación de domicilio
A Policía Local de Nigrán, en colaboración coa Garda Civil de Baiona, identificou este sábado a dous menores de 15 anos de Nigrán tras ser captados polas cámaras dunha empresa de alarmas mentres roubaban nunha vivenda na rúa Lourido Beiramar. Axentes da Policía Local e unha patrulla de reforzo da Garda Civil personáronse de inmediato no lugar dos feitos e entraron na finca, onde localizaron una fiestra rota no baixo da casa, unha segunda residencia que soe estar habitada só no verán.
Mentres examinaban o perímetro da vivenda, os axentes que se atopaban no exterior da finca identificaron a dous menores que coincidían coa descrición facilitada pola empresa de seguridade. Os mozos, que portaban unha mochila con diversos obxectos, entre eles dúas pistolas simuladas de airsoft (unha tipo uzi), recoñeceron os feitos.
A Garda Civil de Baiona fíxose cargo das dilixencias e comprobaron que, semanas antes deste feito, imputáronselle outros tres delitos de violación de domicilio e danos, por entrar noutras tres casas de Nigrán, empregadas tamén como segundas vivendas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184