Viernes, 28 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 18 de Abril de 2016 Tiempo de lectura:
O Porriño

Recepción da alcaldesa aos organizadores da Copa da Raíña de Balonmán

[Img #24283]

 

A alcaldesa, Eva García de la Torre, ofrecerá este martes, día, 19, as 14:30 h.,no Pavillón Muncipal, unha recepción a todos os integrantes da Organización da Fase Final de Copa da Raíña, disputada dende o venres ao domingo pasado no Porriño.

 

A alcaldesa salienta o “éxito rotundo” da cita que, engadiu, “amosou a toda España do que somos capaces os porriñeses”. Eva García de la Torre lembrou “con grande orgullo”, o balance do presidente de la Real Federación Española de Balonmano, Francisco V. Blázquez, quen asegurou que “a de 2016 foi unha das mellores Copas da Ríña da historia”.

 

García de la Torre agradece e recoñece “o grande traballo” do Club Balonmano Porriño e de “todas as veciñas e veciños, deportistas locais, afeizoados, dirixentes e adestradores” que fixeron posible que o nome do Porriño sexa “hoxe, de novo”, unha referencia no mundo do deporte.

 

De novo, a alcaldesa refereriuse ás impresións do presidente da Federación española quen en todas as declaracións aos distintos medios de comunicación que cubriron a fase final do campeonato sinalou, “vimos como todo o mundo apoio no Porriño aos equipos cun ambiente espectacular de deportividade e amizade que serviu para volver a salientar os valores do balonmán”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.21

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.