Miércoles, 17 de Diciembre de 2025

Xornal21
Miércoles, 20 de Abril de 2016 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

A Deputación destina 340.700 € para pavimentación, saneamento e accesos en Salvaterra de Miño

A institución provincial adxudicou xa o 92,98% do Plan Concellos 2016 correspondente a Salvaterra de Miño o que supón un investimento na vila de 589.649,09 €.

[Img #24304]

 

A Deputación de Pontevedra, mediante resolucións presidenciais, adxudicou subvencións por valor de 340.700,89 € a favor do concello de Salvaterra de Miño enmarcadas na liña 1, investimentos, do Plan Concellos 2016. A través destas subvencións, o concello realizará a pavimentación de pistas municipais en Couto e Ermitas (22.363,96 €), da rúa San Francisco (20.138,99 €), de pistas municipais en Rañe (39.580,67 €), en Valiño-Cruceiro (23.739,87 €), Bouzo (27.836,62 €), Cantalarrana e Abeleira (25.558,98 €), en Feira, Couto e Cachopal (26.505,59 €), en Ferreiros e Bouza do Viso (29.775,63 €), en Fraga, Saa e Cruz (29.060,53 €), en Gandarela (29.676,92 €) e en Chans (23.455,52 €), así como o saneamento en A Igrexa (22.776,82 €) e acceso ó núcleo de Abelán (20.230,79 €).

 

Estas subvencións son as primeiras que se aproban con cargo á liña 1 do Plan Concellos 2016 a favor do concello de Salvaterra de Miño aínda que xa se adxudicaron 86.291,8 €, enmarcados na liña 2 do plan, para gasto corrente, 23.505,5 €, enmarcados na liña 3, para a Festa do Viño do Condado e Son da muralla, e 139.150,90 €, enmarcados na liña 4, para a contratación de 20 traballadoras e traballadores que desempeñarán as súas tarefas no concello.

 

A Deputación de Pontevedra destinou ó concello de Salvaterra de Miño a cantidade total de 634.146,66 € dentro do Plan Concellos 2016 dos cales, no primeiro trimestre de ano, xa se concederon 589.649,09 € o que supón o 92,98% do total destinado a Salvaterra.

 

Amais, o Concello de Arbo, mediante Resolución Presidencial da Deputación de Pontevedra, vén de recibir 6.684,44 €, enmarcados na liña 2 do Plan Concellos 2016, destinados ó financiamento de gasto corrente. A institución provincial adxudicou o 39,41% do plan correspondente a Arbo o que supón xa un investimento na vila de 139.313,58 €. En concreto, adxudicáronse 49.906 €, no marco da liña 1, para a merca dun tractor, 11.483,38 €, no marco da liña 2, para o financiamento do gasto corrente, 2.100 €, liña 3, para o torneo de fútbol Vila de Arbo, e 75.823,2 €, enmarcados na liña 4, para a contratación de 15 traballadoras e traballadores que desempeñarán as súas tarefas no concello de Arbo.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.