MOS
ASOMAMOS informa de dúas novas actividades
Trátase dunha conferencia sobre nutrición e da oitava edición do seu tradicional xantar.
A Asociación de Maiores, Pensionistas e Xubilados de Mos, ASOMAMOS, organiza dúas novas actividades: unha charla-coloquio sobre nutrición e o VIII Xantar ASOMAMOS.
A xunta directiva da Asociación define sendas iniciativas como “dúas boísimas ocasións para informarse sobre a correcta alimentación e para compartir unha xornada de convivencia ó redor da mesa durante un xantar que acada xa este ano a súa oitava edición”.
O VIII Xantar ASOMAMOS celebrarase o 8 de maio no Multiusos das Pozas contando coa actuación da Banda de Gaitas de Herville. A reserva das entradas poderá facerse na sede da Asociación no Multiusos, telefónicamente chamando ós números 986334903 e 679037299, ou a través dos colaboradores das distintas parroquias.
A charla-coloquio sobre nutrición celebrarase o vindeiro xoves día 21 de abril, ás 18.30 horas. Estará dirixida polo doutor Plácido Castro, Médico de Familia e especialista en Nutrición. Terá lugar no local da Asociación de Veciños Ledicia de Sanguiñeda con entrada de balde ata completar aforamento.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136