Viernes, 16 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 20 de Abril de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

As axudas do “Plan Concellos 2016” estarán transferidas na súa totalidade antes do verán

O deputado de Cooperación David Regades sinala que no primeiro trimestre do ano xa están adxudicadas o cen por cen de axudas para emprego, o 85 por cento de gasto corrente e o 84 por cento de actividades culturais, deportivas e musicais que supoñen máis de 13 millóns de euros en total.

[Img #24312]

 

O “Plan Concellos 2016” estará transferido na súa totalidade aos concellos antes do verán, segundo sinalou onte en rolda de prensa, o deputado provincial de Cooperación da Deputación de Pontevedra, David Regades.
De feito, no primeiro trimestre do ano, xa se teñen concedidos 13 millóns de euros  o que representa o 31,75 por cento da totalidade do plan. Destaca o grado de execución das liñas de actividades deportivas, culturais e musicais, a de emprego ou a de gasto corrente onde o grado de execución é do cen por cen, do 84 e 0 85 por cento, respectivamente.


Regades recordou que o “Plan Concellos” naceu como unha iniciativa da nova Deputación como unha forma de recoñecemento do municipalismo e para garantir  regras iguais para todos os concellos, independentemente da cor política do seu alcalde, sen discriminación en nun réxime de concorrencia. “Nos apostamos pola autonomía local e que sexan os propios concellos  os que decidan as inversións e o destino das subvencións nos seus municipios elixindo o seu futuro”.


Este plan conta con corenta millóns de euros “o que representa o 31,5 por cento da totalidade do orzamento da Deputación”, sinalou o deputado provincial, “foi incrementado con outros 7,3  millóns de remanentes  adicados a asistencia técnica dos concellos da provincia”.


O grado de execución das catro liñas que compoñen o “Plan Concellos 2016” e moi alto, agás a liña de investimento que leva unha tramitación máis longa pola complicación que supón a realización dos proxectos de obras  e as correspondentes autorizacións doutras administracións.


A liña que xa concedida na súa totalidade é a correspondente ao plan de emprego pola que os concellos xa dispoñen de nove millóns de euros para a contratación de preto de mil duascentas persoas para reforzar as súas plantillas municipais.


A liña tres, adicada a subvencións a entidades deportivas, culturais, e musicais, entre outras, conta cun grado de execución do 84,04 por cento o que supón que máis de 1,1 millóns de euros xa foron entregados os concellos da provincia.


No caso da liña dous, adicada a subvencionar o gasto corrente dos concellos, o grado de concesión xa está nun 85,54 por cento o que supón que máis de 1,9 millóns de euros están xa concedidos aos concellos.


No caso da liña de investimentos (liña 1), concedeuse máis de 1,5 millóns de euros neste primeiro trimestre, ante as preto de 450 solicitudes que presentaron os concellos para obras e inversións.


 Por último, o deputado de Cooperación subliñou a dotación da Caixa de Anticipos con medio  millón de euros a maiores do adicado en 2015. En total serán 1,5 millóns de euros, que os concellos poderán solicitar en fórmula de prestamos, por concorrencia competitiva pero sen xuros. “Os concellos poderán solicitar ao longo deste 2016 prestamos a esta Caixa de Anticipos, sen xuros nin intereses, non como ocorría ate de agora cando tiñan que pagar un dous  por cento de xuros da cantidade solicitada”, sinalou Regades.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.