Martes, 27 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 22 de Abril de 2016 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

Lourdes Alonso colga unha das súas obras no Centro de Negocios de Porto do Molle

A pintora entregou esta mañá un cadro no que recolle a súa particular visión da zona empresarial con tintes primaverais.

[Img #24315]

 

A artista Lourdes Alonso, usuaria do Centro Juan María de Nigrán, fixo entrega esta semana en Porto do Molle dunha obra na que plasma a súa particular visión, con elementos primaverais, do Centro de Negocios do parque empresarial. Durante presentación do cadro, a  pintora estivo arropada polo alcalde de Nigrán, Juan González, a delegada do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo, Teresa Pedrosa, e o presidente do Centro Juan María, José Santoro, así como o equipo de Reporteiros en Rede, entre outras persoas.

 

Lourdes, de 37 anos e veciña de Nigrán, amosou o seu agradecemento polo encargo da obra, un reto no que traballou durante seis meses dadas as amplas dimensións do lenzo, de 3 metros de ancho por 1,60 metros de alto, e que agora preside unha sala de ocio no primeiro andar do edificio.

 

 

 

O lenzo, de grandes dimensións, preside unha sala de esparexemento no primeiro andar do edificio

 

 

 

O rexedor nigranense afirmou que  para o municipio é un orgullo ter un parque empresarial como Porto do Molle e un centro como o Juan María, que "está a facer un gran traballo e ao que nunca poderemos agradecer todo o que nos dá e todo o esforzo que adican educadores, familias e alumnado". Lembrou que Lourdes aínda ten pendente facer unha obra para o Concello de Nigrán e destacou que a artista xa realizou unha exposición itinerante sobre diferentes espazos da localidade dende a súa propia perspectiva. "Este é un cadro de Lourdes, pero tamén do Centro Juan María e de todo Nigrán", concluíu González.

 

Pedrosa, pola súa banda, aludiu ao motivo do cadro como algo simbólico, representativo do florecer de ideas dos emprendedores que integran o Centro de Negocios do polígono. "Estamos seguros de que axudará a moita xente a inspirarse e impulsar o florecemento de moitas empresas", declarou.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.