GALICIA
Medio Ambiente investirá máis de 61.000 euros na actualización dos perfís das augas de baño da demarcación Galicia-Costa
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica esta semana a resolución polo que se anuncia a licitación deste procedemento.
![[Img #24350]](upload/img/periodico/img_24350.jpg)
A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a través de Augas de Galicia, investirá máis de 61.000 euros na actualización dos perfís de augas de baño pertencentes ao ámbito territorial da demarcación hidrográfica Galicia-Costa.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica esta semana a resolución (http://goo.gl/vVaKS4) pola que se anuncia a licitación deste procedemento.
Os perfís de augas de baño consisten na determinación e avaliación das causas que poden afectar ás augas de baño e á saúde dos bañistas, a efectos de servir como base para medidas de xestión que deban poñer en práctica as autoridades no caso dalgún episodio de contaminación
Os “perfís de augas de baño” elabóranse para unha mellor comprensión dos riscos existentes nas augas de baño. Basicamente consisten na determinación e avaliación das causas que poden afectar ás augas de baño e á saúde dos bañistas, aos efectos de servir como base para as medidas de xestión que, de existir algún episodio de contaminación, deban poñer en práctica as autoridades competentes.
A iniciativa que se publica hoxe no DOG ten por obxecto a revisión e actualización dos perfís elaborados nas zonas de baño de augas costeiras e de transición en 2011 e, por outro lado, a elaboración dos novos perfís ambientais para as zonas de baños costeiras e de transición que se teñan dado de alto desde entón, así como para as zonas de baño de augas superficiais continentais incluídas no ámbito territorial Galicia-Costa.
Os datos actuais sobre os perfís de augas de baño poden consultarse na páxina web de Augas de Galicia: Link
ou no Sistema de Información Nacional de Augas de Baño, na páxina web do Ministerio de Sanidade.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217