DEPORTES
O Club Piragüismo Quixós terceiro na Copa de España de Descenso
Os deportistas do Club Quixós e Fluvial O Barco brillaron en Irún.
![[Img #24353]](upload/img/periodico/img_24353.jpg)
A proba organizada polo club vasco Santiagotarrak o fin de semana pasado tivo lugar en Francia, de Ossès a Bidarray para as probas Clásica e Patrullas; a de Sprint celebrouse en San Miguel, Irún.
A parella monfortina formada por Manuel Freire e Andrés Saco foron primeiros en C-2, mentres que no apartado individual acabaron primeiro e segundo, respectivamente, en C-1 sénior.
Por outra banda Nico Díaz alcanzou a segunda praza na modalidade de C-1 e terceiro en K-1 da categoría cadete. A súa compañeira Yasmín Díaz foi segunda en K-1 cadete e terceira en C-1 xuvenil. A participación do Club Quixós pechouna Lucía Cabo, que se alzou coa terceira posición en C-1 sénior.
Así mesmo, os padexeiros do Fluvial O Barco trouxeron varios metais, concretamente 4 pratas, a de Jesús Rodríguez León en categoría K-1 Clásica Senior Home, acompañoulle en terceira posición Marcos González do Fluvial de Lugo, dous máis de Bernardo Sánchez Ouro, en K-1 Clásica Veterano e K-1 Sprint Veterano e a conseguida en Cto. Descenso Patrullas Clásica categoría senior por Sergio Ruiz Paz, Bernardo Sánchez e Jesús Rodríguez. Por clubs, a pesar de ser só tres os participantes, obtiveron máis que unha meritoria cuarta praza no campionato de Patrullas, sétimo na Clásica e oitavo en Sprint.
A próxima cita da copa de España será no Barco de Valdeorras o 21 e 22 de maio e estará organizada pola Federación Galega de Piragüismo coa colaboración do Club Fluvial Barco. A última e Campionato Final será en Camarasa organizado polo club catalán do Sicorís Club os días 16 e 17 de xullo. A liga Regular a levará o padexeiro que sume máis puntos nas tres probas e o campionato o que gañe en Camarasa.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149