TUI
Tui aposta polas sendas peonís á beira do Miño
Onte comezaron os traballos entre o Centro Interfederado e a vella Ponte Internacional cun investimento de 70 mil euros.
Onte comezaron a executarse os traballos de construción da senda peonil á beira do río Miño entre o Centro Interfederado, na rúa Olímpicos Tudenses, e a vella Ponte Internacional. Este proxecto está sendo realizado pola Dirección Provincial de Costas, cun orzamento de 70 mil euros. Dende o Concello de Tui solicitárase a este departamento esta actuación tendo en conta o estado de deterioro que presentada este traxecto, situado na entrada do Camiño Portugués a Santiago na cidade.
O río Miño xunto aos seus afluentes son unhas das grandes potencialidades que ten o municipio de Tui en moi diversos ámbitos. Por este motivo dende o goberno municipal faise unha aposta clara pola realización de sendas peonís á beira do Miño e doutros ríos, que porán en valor esta riqueza natural e patrimonial e servirán coma elementos de dinamización turística e económica. Nese senso amais da senda que esta semana comezou a executarse están previstas outras actuacións. No Concello na actualidade estanse a redactar os proxectos das sendas do Miño entre Tui e Salvaterra, que suporá un investimento cercano ao millón de euros, e de Tui a Tomiño, con preto de 200 mil euros de orzamento. Amais foi presentado a fondos POPTEC o proxecto para a realización da senda do río Tripes cun orzamento de 500 mil euros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149