Jueves, 15 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 21 de Abril de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Xunta analiza co sector de transporte interurbano o proxecto para a nova estación de autobuses de Vigo

Os representantes do Goberno galego reiteran o seu compromiso de financiar integramente a nova terminal.

[Img #24362]

 

A directora xeral de Mobilidade, Helena de Lucas, e o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, mantiveron onte unha xuntanza con representantes de empresas de transporte interurbano de pasaxeiros para abordar o proxecto para a nova estación de autobuses.

 

Esta reunión tivo como obxectivo trasladarlle ao sector unha explicación detallada do estado no que se atopa a tramitación do proxecto do complexo que acollerá entre outros servizos a estación intermodal, abordando así cuestións como o deseño ou a necesaria urbanización dos accesos por parte do municipio.

 

 

 

Solicítanlle ao Concello de Vigo que cumpra coa súa responsabilidade de dotar de accesos a todo o complexo

 

 

 

Os representantes do Goberno galego lembraron que a Xunta financiará integramente a nova estación de autobuses, e o Goberno de España costeou a terminal ferroviaria e está a impulsar o centro Vialia, polo que cómpre que o Concello de Vigo facilite os accesos axeitados a todo o complexo.

 

Helena de Lucas e López Chaves subliñaron que os accesos non só afectan á terminal de autobuses, xa que a falta deles xa impide actualmente que os viaxeiros de ferrocarril poidan acceder ao recinto da estación de tren empregando o autobús urbano. Precisaron que esta situación verase acentuada coa construción da estación de autobuses e o desenvolvemento do Centro Vialia que demanda o Concello.

 

 

 

Destacan que a falta de accesos axeitados impide que actualmente os viaxeiros de ferrocarril poidan acceder ao recinto da estación de tren en bus urbano

 

 

 

Destacaron que o Concello de Vigo sitou a estación intermodal entre os proxectos prioritarios para a cidade que debían garantirse logo da anulación do Plan Xeral e que foi o propio Goberno autonómico o que puxo sobre a mesa a solución urbanística para facer isto posible. Polo tanto, reclamaron que a Administración local traduza ese interese prioritario na estación en traballo e implicación, no ámbito das súas competencias, para garantir que a cidade teña unha estación intermodal cos accesos precisos.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.