Provincia
Asociacións de Baixo Miño e Louriña aseguran que “perden 180.000 euros de investimentos coa eliminación do PAC”
Para Nidia Arévalo é unha noticia moi mala para os colectivos, e entende que este novo goberno provincial dá a espalda á realidade pontevedresa”.
![[Img #24361]](upload/img/periodico/img_24361.jpg)
O grupo provincial do Partido Popular reuniuse esta tarde en Mos con representantes dos colectivos veciñais dos concellos do Porriño, Tui, Mos, Tomiño e Salceda, "afectados pola eliminación do Plan de Acción Comunitaria (PAC) que ata este ano concedeu a Deputación de Pontevedra" explican. A voceira dos populares, Nidia Arévalo, explicoulles que "o novo goberno bipartito eliminou estas axudas, que supoñía para as comarcas de Louriña e do Baixo Miño investimentos por valor de 180.000 euros e a execución de máis de 50 proxectos en 2015".
Para Nidia Arévalo "é unha noticia moi mala para os colectivos, e entende que hai unha sensibilidade cero por parte deste novo goberno da Deputación, que dá a espalda á realidade pontevedresa, sobre todo ao rural e ás barriadas urbanas". A voceira amosouse especialmente disgustada, porque coñece "ben o traballo e o esforzo que realizan estas asociacións veciñais, que no caso de Mos teñen unha presencia e estrutura importantes". Neste sentido, valorou "moitos dos proxectos que se fixeron nestas comarcas a través do PAC". Como exemplos, "en Tomiño recordou o proxecto para cumprir os criterios sanitarios da auga de consumo humano en Tomiño-Forcadela, ou a mellora da rede de distribución, en Estas, entre outros". No caso de Tui, "entre outras actuacións, o ano pasado con estes fondos reformouse a canalización de recollida das augas pluviais do Montiño, pechouse o cemiterio da Guía, e acondicionouse a casa veciñal de Frinxo". En Salceda "as asociacións veciñais executaron varios proxectos con cargo a este plan, entre os que incluíron melloras e canalización na traída de augas así como a instalación de sistema de depuración e cercado de manantiais na comunidade de Bouzabedra-Salceda", No Porriño, "investiron na instalación de sistema de cloración e contador xeral". E no caso de Mos, "o PAC destinouse a equipar e mellorar varios locais veciñais, mellorar a traída de augas, ou a reforma dos depósitos de auga, entre outros".
Nidia Arévalo explicou aos asistentes que "o grupo provincial defenderá no próximo pleno unha moción para pedir ao bipartito da Deputación de Pontevedra que recupere estas axudas e as xestione de forma directa cos concellos". Nesta liña, dixo que "o bipartito está enganando aos colectivos cando os remiten aos concellos, porque estas liñas de subvencións as eliminaron e non están incluídas no Plan Concellos". Insistiu en que "neste plan están moi definidas as axudas, e non hai partidas nas que se poidan incluír nin investimentos que non sexan de titularidade municipal, nin actividades que non sexan de iniciativa municipal".
Con todos estes datos, a voceira popular aproveitou para poñer en valor "o traballo destas asociacións altruístas, que viven das cotas dos seus asociados e que traballan voluntariamente, e entende que estas axudas que recibían da Deputación de Pontevedra supoñían unha importante oportunidade para garantir o seu funcionamento". Recordou, asemade, que "co PAC pagábanse os materiais, mentres que a construción corría pola conta das propias asociación".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129