Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21
Domingo, 24 de Abril de 2016 Tiempo de lectura:
GONDOMAR

Augas de Galicia comprométese a estudar a débeda de Gondomar

O director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez, mantivo esta semana unha xuntanza de traballo co alcalde do concello, Francisco Ferreira.

[Img #24372]

 

O director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez, trasladoulle esta semana ao alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, a disposición do organismo a estudar calquera proposta que presente o ente local para aboar o pagamento dos 500.000 euros que debe a este organismo autonómico, “sempre que sexa razoable e asumible”. Neste sentido, lembrou que se fala dunha débeda cuxo importe vén de ser ratificado a través dunha sentenza xudicial.

 

Rodríguez e Ferreira mantiveron  unha xuntanza de traballo en Santiago para avaliar as posibilidades de aprazamento ou fraccionamento no pago da débeda. O responsable autonómico comprometeuse a analizar “coa mellor vontade” calquera proposta razoable que achegue o concello. “Non nos opoñemos a estudar nin un aprazamento nin un fraccionamento que, tendo presentes as posibilidades do concello, preserve tamén os intereses de Augas de Galicia”, explicou.

 

Durante a reunión, aínda que non era o motivo da convocatoria da mesma, o director de Augas e o alcalde abordaron tamén a situación da obra pozo de bombeo, que agora mesmo se atopa paralizada polo Goberno local.

 

Ao respecto, Rodríguez manifestou de novo a súa preocupación por esta situación, así como a súa disposición para desbloqueala. O director de Augas de Galicia volveu insistir na importancia que ten esta obra, que permitirá mellorar o saneamento do concello, que segue sendo un “tema pendente, co dano medioambiental que isto conleva para o río Miñor”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.