Martes, 27 de Enero de 2026

Xornal21
Lunes, 25 de Abril de 2016 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

O alcalde de Nigrán entrega os primeiros trinta carnés de manipulador de produtos fitosanitarios

En total, 150 persoas realizaron ou están a realizar esta formación, obrigatoria para poder adquirir insecticidas, sulfatos ou herbicidas.

[Img #24382]

 

O alcalde de Nigrán, Juan González, e o edil de Sanidade, Relacións Veciñais e Comercio, Alfonso Vázquez, fixeron entrega a semana pasada no auditorio municipal dos primeiros 30 carnés de aplicador de produtos fitosanitarios ao alumnado que aprobou o exame da convocatoria do pasado mes de marzo no Centro Antena de Panxón.

 

Dende esta primeira formación, 150 persoas realizaron ou están a realizar este curso para obter esta acreditación, obrigatoria dende novembro de 2015 para poder adquirir e empregar insecticidas, sulfatos ou herbicidas. En maio comezarán outros dous grupos, de 30 persoas cada un, co mesmo obxectivo.

 

"Era unha demanda que viñan manifestando moitos usuarios de asociacións veciñais e intentamos cubrir todas as peticións cos sucesivos cursos que estamos a organizar dende o Concello", puntualizou González. O rexedor sinalou, ademais, que ofertar esta formación é unha forma de facilitar a obtención da acreditación no propio municipio. "Queremos evitar que as persoas que a precisen, se teñan que desprazar a outras localidades para conseguila".

 

Esta acción formativa, homologada pola Xunta de Galicia e subvencionada parcialmente polo Concello de Nigrán, consta de 25 horas presenciais, imprescindibles para poder presentarse ao exame e conseguir o apto de cara á expedición do carné de aplicador de produtos fitosanitarios.

 

Este documento ten un número identificativo da persoa que adquire os produtos fitosanitarios e os puntos de venda deste tipo de substancias deben consignar a entrega dos bens nunha ficha na que se inclúe dito número, de xeito que o comprador pase a ser o responsable da súa correcta aplicación. De non cumprir a normativa, os usuarios poden enfrentarse a multas que, nos casos máis leves, poden variar de 300 a 3.000 euros.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.