PROVINCIA
O Carlos Oroza e a Deputación saen á rúa para dar a coñecer os aspectos máis destacados da camelia
75 alumnos do Carlos Oroza convidarán, este venres, os pontevedreses a unha degustación "xapogalega" na que terán protagonismo os colectivos e as asociacións de discapacidade.
![[Img #24408]](upload/img/periodico/img_24408.jpg)
A Deputación de Pontevedra continúa na liña de desenvolvemento de actividades que promovan a camelia como unha potencialidade económica. A institución provincial colaborará, este venres, co Centro de Hostalería Carlos Oroza, que sairá á rúa para dar a coñecer a camelia como ingrediente e tamén divulgar moitos aspectos da planta descoñecidos para o público en xeral. Uns 75 alumnos da escola de cociña desenvolverán unha actividade multisensorial con degustacións, reprodución de gravacións e explicación de fotografías e textos. Preténdese, ademais, que colectivos e asociacións relacionados coa discapacidade sexan os protagonistas.
Esta actuación continúa na liña da mostra da camelia organizada desde a Deputación baixo o nome "Os sentidos da camelia", os pasados 19 e 20 de marzo, e contará coa colaboración da Estación Fitopatolóxica Areeiro (dependente da institución provincial), que achegará asesoramento e documentación, ademais de aceite de camelia, pétalos e té. Segundo explicou a deputada delegada, Eva Vilaverde, "xa se demostrou que a xente ten interese en coñecer os produtos da camelia e que hai un espazo de actividade económica que se pode desenvolver e que pode resultar proveitoso pola súa multifuncionalidade. Non só se debe pensar na flor como algo ornamental, senón que hai que vela dende o punto de vista turístico, pero tamén como unha posibilidade para o campo galego, coa produción de té ou de aceite para a cociña ou a cosmética".
Elaboracións "xapogalegas"
O obxectivo final da actividade que desenvolverá o Carlos Oroza é enxalzar cuestións da camelia pouco coñecidas polo público en xeral. Así, colgaranse fotografías e textos das árbores dos xardíns de Casto Sampedro e doutros lugares da cidade que serán explicados polos alumnos de primeiro curso de Guía e Información Turística. Os interesados en achegarse poderán coñecer datos curiosos como que as geishas utilizan aceite de camelia para facer os moños do pelo, a relación das camelias con Federico García Lorca, o motivo de que a flor sexa o emblema de Coco Chanel, o traballo das monxas da Armenteira coa elaboración de xabóns ou por que a planta se chama camellia, entre outras cousas. Tamén se escoitarán gravacións de poemas ou textos relativos á flor.
Logo de coñecer eses datos, os participantes na iniciativa serán convidados á degustación dun pequeno taco, tanto salgado coma doce, con camelias como ingrediente. Trátase de elaboracións denominadas "xapogalegas" por ser pratos híbridos con produtos orixinarios tanto do Xapón coma de Galiza: arroz, vieira, camelia… Finalmente, daráselle ao público documentación sobre a ruta dos xardíns da camelia en Galicia co fin de achegarlle unha experiencia sensorial de máis dun día.
Discapacidade
Unha das cuestións máis novidosas da proposta do Carlos Oroza será que colectivos e asociacións relacionados coa discapacidade serán protagonistas no evento. Rapaces e rapazas do Juan XXIII, da ONCE, de colectivos de celíacos ou doutras entidades similares serán os primeiros en participar. Reservarase para eles a primeira hora da actividade para que os representantes do Carlos Oroza lles expliquen datos sobre a camelia tendo en conta as súas peculiaridades: haberá textos en braille e adaptados a outras necesidades.
A coordinadora do proxecto, responsable do departamento de Guía e Turismo Accesible do Carlos Oroza, Tina Otero, sinalou que para o centro de cociña é "prioritario non só formar cociñeiros, senón persoas que socialmente axuden a eliminar barreiras", polo que organizar unha actividade coma a que se desenvolverá coa camelia é un traballo "moi gratificante e enriquecedor". Otero destaca que o Carlos Oroza leva anos recibindo formación e asesoramento directo destes colectivos para que os alumnos da escola poidan tratar correctamente as necesidades específicas de "persoas con diferencias". Neste sentido, a coordinadora subliñou que Pontevedra é un concello referente na eliminación de barreiras e na accesibilidade universal, polo que "nós tamén queriamos mentalizarnos e traballar nesta liña". Finalmente, destacou que a colaboración "con Deputación e Concello de Pontevedra para a realización deste tipo de eventos é extraordinaria, xa que cada proposta que facemos ten unha acollida excelente".
Varios departamentos
Na realización da proposta multisensorial da camelia están involucrados alumnado e profesorado de tres departamentos do Carlos Oroza: os alumnos do primeiro curso de Cociña, dirixidos polo profesor Daniel Pulzoni; os alumnos de primeiro de Panadería e Pastelería (Industrias Alimentarias), dirixidos por Javier Oubiña; e os alumnos de primeiro do Ciclo Superior de Guías e Información Turística, coa participación das profesoras María José Lores, Sandra Pérez e Marta Abad.
Os rapaces e rapazas, que xa manifestaron a súa ilusión por participar no proxecto e ofrecerlles as súas creacións a "usuarios reais" fóra da Escola de Hostalería, serán avaliados polo seu traballo na actividade. "Non se lles valorará por como saian as cousas na rúa, pero si pola súa posta a punto na aula. Isto será un exame práctico", explicou Otero.
Todos aqueles veciños e visitantes que queiran participar na actividade (totalmente gratuíta) poden achegarse este venres ata xardíns de Casto Sampedro, nas inmediacións da praza da Ferrería e da praza de Ourense, así como na praza de España. Alí instalaranse varios puntos de información sobre a camelia e dúas mesas de degustación. O horario será de 12:00 a 13:00 horas para os colectivos relacionados coa discapacidade e a partir das 13:00 horas para o público en xeral.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191