MOS
Mos aproba as modificacións da Lei da Área Metropolitana
Será durante a sesión plenaria ordinaria municipal que se celebrará o vindeiro luns 25 de abril.
![[Img #24420]](upload/img/periodico/img_24420.jpg)
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, anunciou que se levarán a aprobación en Pleno o vindeiro luns, 25 de abril, as modificacións da Lei da Área Metropolitana de Vigo.
A Lei da Área Metropolitana de Vigo regula a organización, competencias e financiamento da entidade supramunicipal.
A Área Metropolitana de Vigo é unha entidade local supramunicipal, de carácter territorial, integrada por todos os municipios de Vigo e os da súa área de influencia, entre os que existe unha vinculación económica e social.
Tal como dispón a propia lei de creación no seu obxecto, faise necesaria a planificación conxunta e a coordinación de determinados servizos e obras para garantir a súa prestación integral e adecuada no ámbito de todo o territorio, así como acadar a eficacia dos investimentos públicos.
Modificacións
A fin de que se proceda á posta en marcha definitiva, as Administracións implicadas, entre elas o Concello de Mos, desexaron introducir algunhas modificacións á Lei de creación e reguladora, que no caso da administración local mosense aprobaranse en sesión plenaria ordinaria o luns, e que consistirán en primeiro lugar en aportacións relacionadas co modelo de gobernanza ao sistema de voto ponderado na Xunta de Goberno por cada alcalde, en función ao peso poboacional, establecendo un mínimo de catro Concellos; aumento do número de vicepresidencias ata catro, debendo garantir a representatividade territorial e a paridade; a Comisión de Ordenación do Territorio e Urbanismo terá como vicepresidente ao presidente da Área, prevese un mecanismo para posibles saídas dos Concellos no caso de que non se adhiran a ningún servizo metropolitano e un mecanismo para a cesión de competencias pola Deputación Provincial de Pontevedra e, por último, concrétase a fórmula de exercicio das competencias da área en materia de transporte metropolitano, e créase un comité de coordinación para o exercicio desta función.
Segundo o anteproxecto, a finalidade última das modificacións é lograr a efectiva posta en marcha da Área Metropolitana, para o cal abriuse un proceso de diálogo entre as distintas Administracións implicadas que deu lugar á proposta de modificación da Lei que o vindeiro luns Mos aprobará en Pleno.
Mediante dita aprobación plenaria de modificacións da lei solicítase á Dirección Xeral de Administración Local, dependente da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a conformidade coas modificacións que se propoñen.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103