PROVINCIA
A Deputación de Pontevedra aproba subvencións por valor de medio millón de euros para actividades deportivas
Estas achegas, aprobadas en Xunta de Goberno, están dirixidas a asociacións e clubs deportivos sen ánimo de lucro que desenvolven as súas actividades na provincia de Pontevedra durante o 2016.
![[Img #24418]](upload/img/periodico/img_24418.jpg)
A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, deu conta da aprobación pola Xunta de Goberno das bases de subvencións, por valor de medio millón de euros, para as actividades deportivas desenvolvidas durante o 2016 na provincia de Pontevedra por asociacións e clubs deportivos sen ánimo de lucro.
En concreto, a través destas subvencións a institución provincial pretende promover, fomentar e impulsar as actividades deportivas seguindo os principios de obxectividade, concorrencia competitiva, publicidade e transparencia. Así, para a concesión das axudas teranse en conta criterios como o número de deportistas ou equipos participantes na actividade, o ámbito territorial do evento, o número de xornadas do mesmo, a súa antigüidade e consolidación, a inclusión do evento no calendario oficial de competición, o seu orzamento de gastos e ingresos e a achega económica que a propia entidade ou club destinan ó financiamento da actividade.
A Deputación de Pontevedra incrementou o orzamento destinado a deportes nun 9,2% no 2016 con respecto ó ano anterior
As entidades interesadas en optar á subvención deberán formular a súa solicitude, nos modelos normalizados da Deputación de Pontevedra (dispoñibles no Rexistro Xeral, no servizo de deportes ou na web www.depo.es), nun prazo de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ó da publicación do extracto da convocatoria no BOPPO.
A Deputación de Pontevedra incrementou o orzamento destinado a deportes nun 9,2% no 2016 con respecto ó ano anterior, acadando un investimento de 6 millóns de €, medio millón máis que no ano anterior. Nestes primeiros meses de 2016, coas bases que se aprobaron hoxe en Xunta de Goberno e as xa publicadas para o deporte de base e entidades e clubs deportivos da provincia que participan en competicións federadas nacionais, a Deputación de Pontevedra destinou xa preto dun millón e medio de euros a entidades e clubs deportivos da provincia de Pontevedra. Amais, a estas achegas hai que engadir as axudas individuais para os deportistas olímpicos e os convenios que se están a asinar cos clubs de elite da provincia de Pontevedra.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191