Martes, 27 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 25 de Abril de 2016 Tiempo de lectura:
Nigrán

Localizado o corpo do mergullador desaparecido fronte á costa de Nigrán

[Img #24427]

 

Efectivos do Grupo Especial de Actividades Subacuáticas (GEAS) da Garda Civil localizaron este domingo o corpo do mergullador desaparecido o pasado sábado no entorno das illas Estelas, fronte á costa de Nigrán. Foi ese día, sobre as 19:00 horas, cando un compañeiro seu alertaba a Salvamento Marítimo da súa desaparición que, a partir de aí, puxo en marcha un amplo dispositivo de busca.

 

No operativo participaron medios acuáticos de Salvamento, da Garda Civil, dos Bombeiros de Vigo ademais doutras embarcacións particulares. Do mesmo xeito, nada mais coñecer os feitos, o persoal do CAE 112 Galicia informou aos efectivos do GES de Val Miñor e de Protección Civil de Nigrán, aos axentes da Garda Civil e da Policía Local que, tras ser alertados, se sumaron ao dispositivo de busca. Tamén, o helicóptero Pesca 1 se ocupou de facer o rastrexo por aire. 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.