MOS
Mos promove un proxecto piloto de integración do xadrez na aula
Realizouse con alumnos de Primaria dos colexios de Petelos e Atín e rematou onte
![[Img #24452]](upload/img/periodico/img_24452.jpg)
Onte rematou no colexio de Atín un obradoiro de xadrez que leva sendo impartido ó longo do último mes. Á clausura asistiu o concelleiro mosense Camilo Augusto. Este proxecto levouse a cabo tamén no CEIP de Petelos, onde a actividade rematou o pasado día 20 de abril.
O motivo polo cal dende a concellería de Educación decidiuse impartir este obradoiro é porque os xogos en xeral motivan aos alumnos/as a aprender, e o xadrez ademais, desenvolve capacidades intelectuais dos estudantes que o practican. As habilidades que se aprenden neste xogo son esencias para afrontar os retos profesionais e persoais que terán os nosos e as nosas alumnos e alumnas nun futuro.
O xadrez, grazas as súas características lúdicas e intelectuais, é un recurso pedagóxico apropiado para axudar a que nenos e nenas desenvolvan múltiples habilidades mentais que optimizan os seus procesos de aprendizaxe.
Ademais o xadrez axuda a construír lazos de amizade e ensina deportividade: cómo gañar con elegancia e a non virse abaixo ao afrontarse á derrota.
Para os nenos con problemas de axuste emocional, hai moitos exemplos onde a xadrez consigue aumentar a motivación, mellorar o carácter, a propia imaxe, e incluso a capacidade de atención. Para os nenos e nenas con TDAH, aumenta o grado de concentración e memoria, e favorece o adestramento en atención para aqueles nenos e nenas diagnosticados/as.
Soamente, esta calidade comprobada do xadrez, xustificaría o intento de engadilo dentro da aula e facelo accesible a todos e todas os alumnos e as alumnas a partir dos primeiros anos. Colocar o xadrez ao servizo da educación non só ten a finalidade de desenvolver a arte de pensar, senón tamén cultivar valores.
Proxecto piloto
Deste xeito dende a concellería de Educación proponse ós docentes de Educación Primaria a ensinanza do xadrez, que aínda que non sexa a súa especialidade, teñen capacidade para manexar recursos pedagóxicos e comprender os procesos de pensamento, converténdoos en profesionais aptos para esta labor.
Para valorar a eficacia da acción educativa, realizouse este estudio piloto cos alumnos/as que participaron no taller de xadrez, entendido como a primeira posta en escena deste proxecto coa intención de considerar as facilidades de implementación en cursos académicos posteriores como recurso educativo que favorece a optimización dos procesos mentais (atención, memoria e procesamentos) implicados no aprendizaxe.
Os beneficios específicos do xadrez a nivel educativo son: permite o desenvolvemento de calquera das competencias educativas básicas, destacando a competencia matemática, promove unha gran cantidade de práctica na resolución de problemas, ofrece castigo e recompensa inmediatos na resolución de problemas, aumenta o grado de concentración e memoria, e favorece o adestramento en atención, favorece o desenvolvemento e organización do pensamento: analizar, interpretar, sintetizar, valorar, aplicar, razoar, etc.; desenvolve a intelixencia emocional e os valores persoais, e crea patróns e sistemas de pensamento que soen conducir ao éxito cando se usan con consistencia. Os estudantes que xogan ao xadrez se acostuman a procura de diferentes alternativas, o que resulta en mellor puntuacións en fluidez e orixinalidade. A competencia estimula o interese e promove a alerta mental, reta aos estudantes e favorece o sentimento de logro. Un medio de aprendizaxe organizado a través dos xogos ten un efecto positivo na actitude dos estudantes sobre a aprendizaxe. Esta dimensión afectiva actúa como facilitador dos logros cognitivos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180