O PORRIÑO
O Porriño impulsará unha iniciativa para que entidades locais poidan optar a 5 millóns de axudas da UE
A Alcaldía do Porriño liderará a iniciativa para que as asociacións e entidades locais poidan optar ás axudas aprobadas pola Unión Europea destiñadas a financiar proxectos por parte de entidades, organizacións sen ánimo de lucro, federacións veciñais ou comunidades de montes.
Isa é a intención adiantada este luns pola alcaldesa, Eva García de la Torre, logo de asistir, no concello de Tui, á xuntanza de alcaldesas e alcaldes de vilas do Baixo Miño na que se deu conta desta iniciativa para a que a UE ten orzamentado, en conxunto, 84 millóns de euros para este ano para toda Galicia, 5 de eles para o Baixo Miño.
Cada proxecto presentado, que pode estar referido a emprego, benestar, medio ambiente, solidariedade ou igualdade, terá a posibilidade de obter un máximo de 200.000 €, unha finalidade á que o Concello do Porriño, subliñou Eva García de la Torre, porá a dispor dos organismos e entidades locais interesados, “un equipo humán que os axudará a articular as súas ideas e cumplimentar os trámites para poder optar as devanditas axudas”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149