Miércoles, 14 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 29 de Abril de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación concédelle preto de 190.000 € ao Concello de Poio para realizar melloras de saneamento e servizos

A institución provincial adxudicou xa o 74,36 % do Plan Concellos 2016 correspondente ao Concello de Poio, o que representa un investimento na vila de 746.872,57 €.

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar dúas novas relacións de subvencións a favor do Concello de Poio, por un valor total de  186.962,11 €, no marco da liña 1 (investimentos) do Plan Concellos 2016. A primeira das axudas, de 81.882,78 €, destinarase á realización de obras de mellora de saneamento na rúa do convento de San Xoán. Na segunda investirase na mellora de servizos na rúa de Combarro e contará cunha dotación orzamentaria de 105.079,33 €.

 

Estas subvencións hai que sumalas aos 184.335,08 € que se aprobaron a semana pasada con cargo á liña 1 do Plan Concellos 2016 a favor do Concello de Poio. Ademais, xa se adxudicaron 123.354,32 €, enmarcados na liña 2, destinados ao financiamento de gasto corrente; 37.662,27 € da liña 3, destinados á Festa da Ameixa, ao duatlón de cros, á carreira popular, á BTT, ao triatlón de Campelo e á Festa do Mar; e 214.558,79 € da liña 4 para a contratación de 30 traballadoras e traballadores que desempeñarán as súas tarefas no Concello.

 

A Deputación de Pontevedra concedeulle a Poio a cantidade de 1.004.339,91 € dentro do Plan Concellos 2016, dos cales xa se concederon 746.872,57 €, o que representa o 74,36 % do importe total destinado ao Concello.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.