Miércoles, 08 de Octubre de 2025

Xornal21
Jueves, 28 de Abril de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

Mos asina o contrato de arrendamento da parcela industrial de Faquiña

Ó procedemento de licitación presentáronse 4 empresas.

[Img #24524]

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o representante da empresa ‘Construcciones y Excavaciones Mecca S.L.U.’, José Maikel Mecca Rodríguez, asinaron onte o contrato de arrendamento da parcela municipal de uso industrial en Faquiña (antes CEPSA) poñendo fin así ó procedemento de licitación e adxudicación. A empresa Mecca pagará 14.559,05 euros de canon de licitación e unha renda anual aínda por concretar pero que ten establecido como prezo mínimo 11.647,24 euros.


A renda do contrato deberá de satisfacerse por anos naturais vencidos, dentro do primeiro trimestre do ano seguinte. A anualidade correspondente ó ano de adxudicación prorratearase en atención á data desta. O canon ten carácter anual polo que o seu devengo se produce a 1 de xaneiro de cada ano.


O expediente de contratación foi adxudicado mediante procedemento aberto, á oferta económicamente máis vantaxosa conforme a unha pluralidade de criterios. No Pleno ordinario de 30 de decembro, aprobouse a adxudicación definitiva do dereito de superficie da parcela municipal Faquiña, de uso industrial. Con este procedemento lógranse ingresos para o Concello que revertirán en mellora dos servizos, ademais de activar a actividade empresarial na localidade e fomentar o emprego


A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, explicou que esta parcela xa saíra anteriormente a procedemento aberto de adxudicación quedando este deserto, polo que volveuse a sacar unha nova licitación por tramitación urxente. Dita tramitación urxente implicou que os prazos se reducisen á metade respecto do anterior proceso.


A parcela municipal Faquiña (antiga CEPSA), sita na Avenida do Aeroporto, parroquia de Tameiga, ten forma triangular e conta cunha superficie de 7.170 metros cadrados. O informe técnico-urbanístico municipal establece o prezo da concesión e, polo tanto, o valor económico do contrato da mesma, en 11.647, 24 euros.

 

O criterio de valoración para a adxudicación a unha das 4 empresas que se presentaron ó procedemento de licitación, -e do que resultou adxudicataria Mecca S.L.U.-, tivo en conta os seguintes puntos: incremento sobre o canon de aplicación, actividade a desenvolver, importe do investimento, número de traballadores, importe anual dos tributos a devengar, diminución do prazo da concesión sobre o máximo previsto e prezo da concesión.
Os usos industriais ós que se destinará a parcela serán de almacén de materiais de construción, laboratorio e oficinas da empresa adxudicataria, adicada á construción e excavacións. A altura máxima da nave de 1.500 metros cadrados a construír, deberá ser de tres plantas e/ou 10 metros.


A duración da concesión do dereito de superficie á empresa adxudicataria é de 50 anos con posibilidade de ser prorrogada durante 25 anos máis de común e expreso acordo por ambas partes, que deberán de asinar unha adenda ó contrato inicial, pero recaendo a decisión desta prórroga da concesión de xeito discrecional no Concello de Mos. En todo caso a solicitude de prórroga faculta ó Concello de Mos para revisar ou recalcular o prezo da renda. Unha vez finalizado o prazo de duración do dereito de superficie extinguiranse os dereitos e reverterán o Concello de Mos todas as construcións que sobre a parcela se edificasen.

 

Este contrato ten como finalidades por unha banda, o establecemento no termo municipal de Mos de persoas ou entidades que se propoñan establecer grandes investimentos e, polo tanto, situar na localidade grandes explotacións de tipo industrial ou comercial (buscando deste modo, fomentar a riqueza, o emprego e o desenvolvemento xeral do Concello); por outra parte, a rentabilización das parcelas de tipo industrial das que é titular o Concello e, partindo do anterior, a obtención de recursos para os presupostos municipais que, ao cabo redundarán en beneficio de toda a veciñanza. Estes recursos obteranse directamente (prezo da concesión, canon anual), e indirectamente (os tributos xerados pola implantación das empresas).


Fomento do emprego
O adxudicatario debe de contratar ó número de traballadores que sinalou na súa oferta, procurando dar preferencia aos os veciños empadroados no Concello, e cumprir a totalidade das obrigas legalmente impostas pola lexislación vixente en materia laboral, incluída a de prevención de riscos.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.