PROVINCIA
A mesa do Camiño portugués acorda establecer un marco regulamentario para o seu funcionamento
Os representantes municipais reclaman a limpeza e conservación da ruta ademais de melloras na súa sinalización.
![[Img #24518]](upload/img/periodico/img_24518.jpg)
A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto coa directora xeral de Turismo da Xunta, Nava Castro, presidiron hoxe a “mesa do Camiño portugués” que celebrouse na Deputación de Pontevedra acordaron impulsar un marco regulamentario para facela moito máis operativa.
Carmela Silva destacou a importancia desta mesa de traballo, composta polos doce concellos pola que pasa o camiño na provincia de Pontevedra, a Xunta de Galicia, a Asociacións de Amigos do Camiño e a propia Deputación de Pontevedra, para establecer traballos conxunto que redunden na difusión deste tramo da ruta a Santiago. Para elo defendeu a necesidade de establecer un regulamento de funcionamento interno que mellore e impulse os traballos desta entidade de colaboración.
Tanto a Presidenta da Deputación como Nava Castro comprometéronse a traballar conxuntamente para ter, no menor espazo de tempo posible, este regulamento para remitirse lo aos doce concellos para que aporten as súas opinións. En todo caso, todos coincidiron na necesidade de que a dirección xeral de Patrimonio defina con claridade a delimitación do camiño e a súa ruta definitiva que permitirá aos concellos e demais administracións garantir unha maior seguridade para os peregrinos.
A necesidade de que esta entidade colaborativa teña o seu propio regulamento ven dado polo incremento que está a rexistrar o camiño portugués entre os viaxeiros que diríxense a Santiago que, a directora xeral de Turismo cifrou entorno ao 20% do total de peregrinos que chegan á capital de Galicia.
Tamén considerouse necesario incorporar a esta mesa do Camiño portugués aos concellos da denominada “Vía da Plata” que pasa por Dozón, Laín, Silleda e A Estrada ademáis dos incluidos na “Variante de a Costa”.
Pola súa parte, os representantes municipais, reclamaron unha actuación urxente de mantemento dos tramos do camiño, que tras os temporais do inverno presenta problemas de tránsito. O representante de Caldas destacou que nalgúns puntos é imposible circular en bicicleta polo camiño polo aumento da maleza e os asolagamentos da auga.
Outra das demandas plantexadas polos concellos foi a necesidade de instar ao Ministerio de Fomento a mellorar a seguridade viaria en algúns puntos do camiño que coinciden con estradas nacionais e que son cualificados como “puntos negros e perigosos”.
Por último, a Deputación de Pontevedra presentouse o proxecto de conservación e valoración do camiño portugués de Santiago, que xunto coas cámaras municipais de Valença, Paredes de Coura, Ponte de Lima e Barcelos, opta a axudas por valor de catro millóns de euros de fondos europeos de cooperación fronteiriza que é totalmente compatible con outras iniciativas desenvolvidas por outras administracións.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191