Miércoles, 14 de Enero de 2026

Xornal21
Sábado, 30 de Abril de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación de Pontevedra impulsa o programa “Degusta Europa” para promover a gastronomía europea desde os mercados municipais

“Degusta Europa” forma parte dunha serie de actuacións que a institución provincial promoverá para conmemorar o Día de Europa e reivindicar, tal e como subliñou Carmela Silva, “un modelo europeo diferente ó actual, un modelo baseado no respecto, solidariedade, paz e dereitos humanos”.

[Img #24531]

 

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada por alcaldesas e alcaldes e concelleiras e concelleiros de Pontevedra, Vigo, Bueu, Cambados, Caldas de Reis e A Guarda, e responsables dos centros públicos educativos Manuel Antonio de Vigo e Carlos Oroza de Pontevedra, deu a coñecer o programa “Degusta Europa”, enmarcado nunha serie de actuacións que a institución provincial promoverá para conmemorar o Día de Europa.

 

Carmela Silva recordou que o 9 de maio de 1950 o ministro francés de Asuntos Exteriores, Robert Schumann, pronunciou un discurso para impulsar a cooperación política en materia de carbón e aceiro entre as nacións de Europa que se converteu no xerme da Unión Europea.  Por tal motivo, conmemórase esta data como Día de Europa e –tal e como destacou Silva- “aprovéitase a ocasión para enxalzar os principais valores da Unión Europea, asentados na paz, solidariedade, proxecto común, benestar, dereitos humanos, unidade,… que tristemente hoxe non estamos a sentir en Europa”. Neste contexto, a Presidenta da Deputación de Pontevedra reivindicou que “a Europa na que estamos a vivir non é a Europa coa que estamos comprometidos, a Europa dos valores e dos pobos, e por iso queremos abrir un debate a través dunha serie de actuacións que estamos a preparar con motivo do Día de Europa para concienciar á cidadanía da necesidade de salvagardar os dereitos das persoas e impulsar un modelo europeo diferente ó actual, un modelo que estea baseado no respecto, na solidariedade, na paz e nos dereitos humanos”.

 

Así, a primeira das actuacións será “Degusta Europa”, que ten por obxectivo simbolizar a unión entre os diferentes pobos europeos empregando como elemento motor a gastronomía ó tempo que se impulsa a materia prima da provincia de Pontevedra.  Neste eido, Silva destacou que “a gastronomía é unha manifestación cultural dos pobos, que fortalece e forxa a súa identidade e singularidade” e engadiu que “non hai mellor forma de coñecer un país, a súa cultura, o seu modo de vivir, que a través das súas costumes gastronómicas. Por todo iso, a través de Degusta Europa, que se iniciará a vindeira semana, en concreto a partir do 3 de maio, queremos facer fincapé na riqueza cultural do noso continente, representada pola gastronómica, e enxalzar o máis local e autóctono: os nosos mercados municipais e os produtos da nosa terra”.

 

Para elo, un grupo de profesorado e alumnado voluntario dos centros educativos públicos Carlos Oroza de Pontevedra e Manuel Antonio de Vigo encargaranse de comprar produtos das Rías Baixas nos mercados municipais e, aí mesmo e ó estilo dun show cooking, elaborar pratos típicos de diferentes países europeos que poderán ser degustados a partir das 11:00 da mañá. En concreto, o profesorado e alumnado do Carlos Oroza encargarase das degustacións nos concellos de Caldas (3 de maio), Pontevedra (6 de maio) e Cambados (10 de maio) e as profesoras e profesores e estudantes do Manuel Antonio nos concellos de a Guarda (11 de maio), Bueu (12 de maio) e Vigo (13 maio).

 

Tanto as alcaldesas e alcaldes e concelleiras e concelleiros de Pontevedra, Vigo, Bueu, Cambados, Caldas de Reis e A Guarda, como as e os responsables dos centros públicos educativos Manuel Antonio de Vigo e Carlos Oroza de Pontevedra manifestaron a boa acollida do evento e a total colaboración coa Deputación de Pontevedra tanto para poñer en valor a gastronomía,os produtos locais e os mercados municipais como para reivindicar un novo modelo para Europa.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.