AS NEVES
As Neves pon en marcha a campaña Quere o teu mercado
Unha iniciativa coa que o Concello pretende a promoción e dinamización do Mercado Municipal.
![[Img #24557]](upload/img/periodico/img_24557.jpg)
Nunha xuntanza celebrada o pasado venres, o alcalde recolleu a opinión das persoas que teñen postos de venda na praza de abastos ademais de explicarlles en que consiste o programa, que segundo verbas do propio rexedor; “suporá unha suma de intereses sociais, económicos e educativos que tamén contará coa participación do Instituto de Ensino Secundario a través dun traballo de avaliación do mercado”.
Para realizar este traballo, as mozas e mozos que estudan no centro de ensino farán unha primeira visita ao local do mercado fóra do horario comercial, co fin de fotografar o edificio baleiro, e un venres pola mañá, en plena ocupación, volverán achegarse a el para entrevistar ás persoas que venden e compran no seu interior.
O turismo nacional incrementou o seu volume de viaxeiros nun 30% e o turismo internacional superou nun 15,8% a cifra acadada en marzo de 2015
Deste xeito, poderán coñecer de primeira man cal é o tipo de mercado do que se dispón actualmente e idealizar o modelo que a eles lles gustaría ter, para despois plasmalo, ben nun texto ou nunha representación gráfica, e expoñelo na praza de abastos o venres 27 de maio. Anunciou tamén o alcalde, que o sábado 28 de maio, coincidindo coa conmemoración do día do mercado, haberá outra actividade encadrada dentro desta campaña. Impulsada pola idea de que a unión entre a música e a gastronomía adoita ser garantía de éxito, nela o alumnado da Escola de Música ofrecerá un concerto de media hora nunha sesión vermout que contará coa participación, non só das vendedoras e vendedores da praza, senón tamén do sector da hostalería do Concello.
Será un evento lúdico co que se pretende conseguir un maior achegamento entre a veciñanza e o Mercado Municipal. A información contida nas obras do alumnado do IES, xunto cos pareceres das praceiras e dos praceiros, compoñerán a base de onde tirar as conclusións que axuden a avanzar no deseño do mercado do futuro. Isto, xunto con actividades como a mencionada anteriormente, sentarán os alicerces dunha promoción e dinamización xa iniciada o ano pasado con actos realizados na Festa do Tinto Rías Baixas e no Nadal.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.56