EUROCIDAD TUI VALENÇA
Atopan o cadáver dun mozo desaparecido onte no río Miño
![[Img #24568]](upload/img/periodico/img_24568.jpg)
Acaba de aparecer o corpo sen vida do mozo de nacionalidade portuguesa desaparecido dende onte á tarde en augas do río Miño, á altura da localidade de Salvaterra. A Garda Civil confirmou a aparición do cadáver ao 112 Galicia ás 8:15 horas desta mañá. O corpo foi rescatado por un barco da Mariña de Tui. A esta hora, está sendo trasladado á localidade lusa de Monçao.
Despois de coñecer a desaparición do mozo, contra as 19:00 horas da tarde de onte, o CAE 112 Galicia activou o protocolo ARIEM 112, un proxecto europeo que facilita a coordinación das emerxencias entre Galicia, Castela e León e o norte de Portugal. Así as cousas, na procura do mozo mobilouzse un amplo dispositivo composto por efectivos galegos e portugueses.
No operativo posto en marcha polo 112 Galicia participaron varios membros da Garda Civil, da Policía Autonómica, da Policía Local e de Protección Civil de varias localidades próximas. Os Bombeiros do Baixo Miño, pola súa banda, incorporáronse ás tarefas de busca cunha embarcanción. Dende Portugal tamén foron mobilizadas varias dotacións.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101