Miércoles, 08 de Octubre de 2025

Xornal21
Jueves, 05 de Mayo de 2016 Tiempo de lectura:
AS NEVES

As Neves avanza "cara un modelo pensado para as persoas"

O Concello vén de facer unha serie de modificacións no seu centro urbano.

[Img #24587]

 

Os cambios implantados incluíron a reorganización da praza de San Agustín, a creación dunha área de carga e descarga, inexistente ata o momento, e o aumento do número de prazas de estacionamento para persoas de mobilidade reducida. Ademais, permítese agora acceder ao núcleo urbano pola zona sur de xeito directo, a través da rúa Esperanza, para o que se inverteu o sentido de circulación no entorno da Praza Maior. Todas estas mudanzas foron levadas a cabo tendo en consideración as posturas e opinións das persoas da contorna, para así tomar as decisións máis axeitadas, mantendo sempre unha actitude de colaboración coa veciñanza.

 

Lembran dende a institución, que a pesares de que nas inmediacións da praza de San Agustín se suprimiron algunhas zonas de estacionamento, existen máis de 200 prazas para aparcar a non máis de cinco minutos camiñando ao centro urbano. Deste xeito, O Concello fai unha firme aposta por un modelo territorial máis ordenado e inclusivo, no que priman as persoas fronte aos vehículos, fixándose en lugares como Pontevedra ou Allariz, que hoxe reciben premios por ser cidades cómodas para vivir, e nos inicio da implantación dese modelo só escoitaban críticas, poñendo de manifesto que ás veces é necesaria a perspectiva que dan o tempo e os resultados.

 

Alén do exposto, outra idea que motivou estas accións, foi unha nova visión respecto dos fluxos de tráfico nos vindeiros anos, como consecuencia da posta en funcionamento da vía central da PLISAN. Feito que pode supoñer o desvío do tráfico da estrada de Ponteareas cara a PO-400 que circunvala As Neves cara Arbo, obrigando a reforzar a área de acceso á vila desde esa vía.

 

Estas medidas, xunto coa promoción e dinamización do comercio manifestadas a través da permanente colaboración coa Asociación de Comerciantes e Empresarias/os das Neves e da recente posta en marcha da campaña Quere o teu mercado, van na liña dun modelo de futuro pensado para as persoas, “mudando para avanzar cara O Concello que queremos ver”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.