Lunes, 06 de Octubre de 2025

Xornal21
Jueves, 05 de Mayo de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación e o Atlético Guardés firman un convenio de colaboración para a promoción do deporte

[Img #24594]

 

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva e o presidente do Club Atlético Guardés de Balonmán, José Manuel Silva Vicente,  firmaron  o convenio de colaboración en materia deportiva polo que a institución provincial aporta a cantidade de 30.000 euros para a tempada 2015/2016.


O Atlético Guardés xoga na liga de honra do balonmán feminino e é un dos dous equipos da provincia que atópase na élite nacional desta disciplina deportiva.


O presidente do club fixo entrega dunha camiseta  da equipación oficial do Atlético Guardés á presidenta da Deputación na que as membras do  equipo oficial estamparon a súa firma. Carmela Silva mostrouse emocionada polo regalo e sobre todo, por conter as firmas das xogadoras as que animou a seguir traballando cara a lograr uns bos resultados. De feito, Silva destacou que “este equipo que representa a toda a provincia de Pontevedra, sobre todo as súas mulleres, é un exemplo do esforzo  e compromiso cos valores do deporte”.


O convenio para a promoción do deporte contempla que o equipo lucirá na manga dereita da súa equipaxe oficial o logotipo da Deputación ademais de diversa publicidade no seu campo de xogo. Tamén ofrecerá de balde invitacións para a asistencia  aos seus partidos as escolas deportivas municipais.


Esta iniciativa enmarcase dentro da política da Nova Deputación de apoio os equipos de toda  a provincia que xogan nas ligas nacionais das principais disciplinas deportivas. Para esta tempada a Deputación destina case que 700.000 euros para o apoio a estes equipos principais.


A Deputación de Pontevedra xa ten firmado nos últimos meses convenios similares  coa Fundación Celta de Vigo; Pontevedra Club de Fútbol; Sociedade Deportiva Teucro; Coruxo Fútbol Club; Club Balonmán Cangas; Club Balonmán Porriño; Club Ciclista Froiz e a Gimnástica de Atletismo de Pontevedra.         

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.