Lunes, 06 de Octubre de 2025

Xornal21
Martes, 03 de Mayo de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

O aparcadoiro de Nosa Terra de Pereiras é obxecto de melloras que aportarán comodidade á hora de acceder ao local

Os traballos comezaron a semana pasada e durante os mesmos asfaltouse unha superficie de 700 metros cadrados.

[Img #24636]

 

A Asociación de Veciños Nosa Terra de Pereiras, concretamente o entorno do seu local social, está a ser obxecto actualmente de melloras.

 

Concretamente estase realizando o acondicionamento firme do aparcadoiro do local, obra que os veciños e veciñas da parroquia viñan querendo acometer dende fai xa varios anos.

 

O pasado xoves comezaron os traballos de asfaltado da zona, cunha superficie de 700 metros cadrados, e ó longo do día de onte quedaron rematados.

 

A nova capa de rodadura acometeuse cunha mezcla bituminosa quente de cinco centímetros de espesor, previo rasanteo e compactación da superficie a pavimentar mediante medios mecánicos.

 

O local da Asociación de Veciños Nosa Terra é un centro cunha vertixinosa actividade veciñal e no que se celebran e organizan numerosos actos, cursos e iniciativas de diversa índole, tanto cultural, como social, deportiva, etc.; por iso estes traballos de mellora do aparcadoiro redundarán moito na optimización do funcionamento diario da Asociación, así coma na comodidade de acceso tanto para os socios, como para veciños e demais visitantes.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.