Miércoles, 21 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 04 de Mayo de 2016 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Segunda quenda dos grupos de conversación de inglés na Biblioteca Municipal do Porriño

[Img #24638]

 

Dende o pasado luns, día 2 e ata o vindeiro día 6, os colexios públicos do Porriño acollerán o taller de poesía visual “Proxecto Caligrama 2000” enfocado a nenos de Primaria, impulsado pola Concellería de Educación e impartido polo poeta David Fernández Rivera.


A través deste proxecto búscase un cambio de perspectiva no neno para algo tan importante para construír a súa identidade e pensamento como o é a poesía. En opinión de Fernández,  desde a poesía visual, o pequeno chega a comprender que a poesía é inabarcable e que pode e debe chegar a espazos tan interesantes como o son o son, o teatro ou a danza.


Doutra banda, os día, 10, 24 e 31 de maio 19:00 a 20:00 horas, na Biblioteca Municipal, iniciase a segunda quenda dos grupos de Conversación en Inglés, para persoas adultas cun nivel medio de inglés falado. Trátase da continuación da actividade iniciada o pasado mes de marzo e que seguirá na terceira quenda, en outubro e a cuarta en novembro.


As persoas interesadas en participar nesta actividade deben realizar a inscrición previa, de xeito presencial, na Biblioteca Municipal . As actividades son gratuítas e as prazas cóbrense por orde de inscrición, tendo preferencia as persoas empadroadas no Porriño.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.